Formación e cursosGalicia

FORMACIÓN EN PRIMEIRA ALIANZA

Organizado pola AGAT, e coa subvención dos fondos do 0,7 do IRPF xestionados pola Consellería de Politica Social e Xuventude da Xunta de Galicia, os días 9 e 10 de novembro tivo lugar na EGAP, en Santiago de Compostela, o curso de formación en PRIMEIRA ALIANZA.

Primeira Alianza é un programa de intervención familiar, baseado na teoría do apego, cuxo obxectivo é fortalecer e/ou reparar a relación de apego entre menores de 
1 a 6 anos e os seus coidadores primarios. O programa está deseñado especialmente para a súa utilización con familias onde existe un risco psicosocial que afecta á calidade da vinculación temperá. A súa metodoloxía convérteo nun programa baseado na experiencia, sinxelo de aplicar, e xerador de transformacións internas nos coidadores.

OBXECTIVOS:

  1. Capacitar ás participantes na avaliación das interaccións neno/a‐ coidador/a.
  2. Capacitar ás participantes na avaliación das representacións parentais que guían as prácticas de crianza.
  3. Capacitar ás participantes para o uso de videofeedback con pais e nais
  4. Capacitar ás participantes para o diálogo centrado no vínculo e o 
manexo terapéutico dos grupos de pais e nais.

CONTIDOS:

  • Primeira Alianza a vista de paxaro: que, para que serve, como se fai, con quen se fai, etc.
  • Avaliación da relación temperá (I): A lectura da Interacción
  • Avaliación da relación temperá (II): A lectura das representacións
  • Formulación de caso
  • Principios básicos da prevención familiar
  • Primeira Alianza: encadre e fases
  • Manexo terapéutico dos grupos
  • Construción de secuencias de videofeedback
  • Estratexias de intervención

Impartido por :

  • Ana Berásategui Pedro-Vello: Doutora en Psicoloxía. Especialista en intervención Psicolóxica no campo de exclusión. Investigadora no Instituto Universitario da Familia.
  • Amaia Halty Barrutieta: Especialista en Psicoloxía Clínica infanto-xuvenil e en métodos de avaliación familiar. Investigadora no Instituto Universitario da Familia.

Participaron na formación 24 profesionais procedentes de 20 servizos de atención temperá comunitarios e 2 unidades hospitalarias pertencentes á REDE GALEGA DE ATENCIÓN TEMPERÁ

O curso de formación foi inuagurado pola Directora Xeral de Discapacidade da Consellería de Política Social, Begoña Abeijón, e polo Presidente da AGAT, Jaime Ponte

Tags: Formación e cursos, Galicia

Outras entradas

FINALIZA O CONGRESO DA FEDERACIÓN GAT
26 DE XANEIRO TEMOS CITA EN BERGONDO