17-11-2021
Hoxe, 17 de novembro, finaliza o curso sobre PARENTALIDADE POSITIVA E ATENCIÓN TEMPERÁ, impartido polos Dres Enrique Arranz e Florencia Barreto
O curso inscríbese no PROGRAMA DE FORMACIÓN EN COMPETENCIAS BÁSICAS que impulsa e financia a Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia para o persoal dos servizos comunitarios da REDE GALEGA DE ATENCIÓN TEMPERÁ. E que organiza a Asociación Galega de Atención Temperá (AGAT)
O Dr. ENRIQUE B. ARRANZ FREIJO é Catedrático de Psicoloxía da Familia na Universidade do Pais Vasco / Euskal Herriko Unibertsitatea. Su campo de investigación e de transfrerencia de coñecemento é o estudio da influencia do contexto familiar no desenvolvemento psicolóxico e no deseño e implementación de programas de parentalidade positiva dirixidos a familias vulnerables. É Investigador principal do grupo HAEZI, do sistema universitario vasco. É miembro do grupo de expertos de Parentalidad + do Ministerio de Dereitos Sociales e Axenda 2030. Ten sido profesor invitado nas Universidades de Cambridge y de Oxford. Acompañouno na tarefa docente a Dra. Florencia Barreto, persoal investigador do antedito grupo na UPV.
O curso ao que asisten 30 profesionais dunha veintena de Servizos de Atención Temperá, tivo lugar ao longo de tres sesións online realizadas os días 3, 10 e 17 de Novembro