Formación e cursosNoticias

FINALIZA O CURSO DE CAPACITACIÓN DA ESCALA ADBB

Rematou na Escola Galega de Administración Pública o segundo curso de capacitación na Escala ADBB (Alarm Detress Baby Scale) de Detección Precoz do Retraimento Social na primeira infancia.

A capacitación na Escala estivo inscrita no Programa de Atención ao Estrés Relacional para a Rede Galega de Atención Temperá que ven de desenvolver AGAT en colaboración con ASMI (Asociación de Saúde Mental Infantil) grazas a subvención da Consellería de Política Social con cargo ao 0,7 do IRPF.

O programa ten permitido a capacitación e certificación para o uso da Escala de 20 profesionais da Rede Galega pertencentes a 8 servizos ou unidades de Atención Temperá.

Os días 2-3 de Octubre tivo lugar o Curso de Capacitación para uso clínico e os días 23 e 24 do mesmo mes, do Curso de Capacitación para uso en investigación.

O curso foi dirixido pola Formadora de ASMI, Nahir Bonaficino

A escala ADBB é un instrumento de gran precisión para a detección e intervención precoz nas situacións de retraimento social nos nenos/as de 2 a 24 meses polo que resulta de gran utilidade para identificar no seu inicio dificultades relacionais que poden derivar en graves trastornos do desenvolvemento no ámbito afectivo-emocional

Tags: Formación e cursos, Noticias

Outras entradas

91 MILLÓNS DE EUROS PARA ATENCIÓN TEMPERÁ EN ANDALUCÍA
XI CONGRESO INTERDISCIPLINARIO DEL GAT – 13 SESIÓNS ONLINE