O mércores 16 rematou a 1ª edición do curso «TÉCNICAS DE COLABORACIÓN COAS FAMILIAS” para os profesionais da Rede Galega de Atención Temperá.
O curso está organizado pola AGAT e financiado ao 100% pola Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia dentro do PROGRAMA DE FORMACIÓN EN COMPETENCIAS BÁSICAS que se está a desenvolver en 2021 e 2022.
Esta primeira edición ten 20 horas de duración e tivo lugar nas magnificas instalacións do CEGADI, en Santiago de Compostela dende o día 14 ao 16 de marzo. Asistiron 18 profesionais de diferentes servizos da Rede
O curso está dirixido por Rocío García Castro, Psicóloga Clínica e especialista en metodoloxía Procc.
A próxima edición terá lugar os días 4 a 6 de abril