O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe o incremento en 2021 dos fondos para a atención á discapacidade, un 10% máis que en 2020.
Entre os temas tratados, Feijóo precisou que esta achega permitirá a creación de “oito novas unidades de atención temperá, ata chegar a un total de 35”. Segundo os orzamentos para 2021 actualmente en trámite parlamentario para a rede galega de atención temperá hai unha previsión de 3.4 millóns de euros.
Tamén anunciou a posta en marcha do concerto social en principio para os centros de atención á discapacidade pero non para as unidades de atención temperá polo que cabe supoñer que estas seguirán no réxime de subvención e licitación actuais que tanto dificulta unha planificación axeitada, a súa estabilidade e consolidación.
Feijoo fixo estas declaracións durante unha videoconferencia con representantes do Comité de Entidades Representantes de Persoas con Discapacidade (Cermi-Galicia), co gallo do día da discapacidade