10 ANOS DE INVESTIGACIÓN E ATENCIÓN TEMPERÁ.
Baixo este lema, tivo lugar onte en Lalín un encontro entre as familias, os recursos comunitarios da comarca do Deza e os equipos interdisciplinarios das Unidades de Desenvolvemento Infantil e Apoio Familiar das comarcas do Deza, Salnés e Bergantiños.
As coordinadoras dos equipos, Maia García, Gema Martínez e Yaiza Antelo, presentaron o documento “10 anos de investigación e atención temperá“, no que se resume o traballo asistencial e de investigación realizado polas Unidades dende a súa creación en 2009.
Neste documento, achéngase os datos de demanda, perfil evolutivo, procedementos e indicadores para realizar unha planificación asistencial rigorosa da Rede Galega de Atención Temperá, dimensionando de forma adecuada os equipos, a financiación e a distribución territorial
Achégase tamén a excelente avaliación realizada polas familias ao longo destes 10 anos, avaliación que respalda a idoneidade do modelo proposto
No curso do acto, interviron o Director Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa, a concelleira de Servizos Sociais de Lalín, Paz Peréz, en representación dos concellos da comarca do Deza, e o Presidente da AGAT, Jaime Ponte.
Ao remate das exposicións e da visita institucional tivo lugar un emotivo encontro entre os profesionais e as familias atendidas na UDIAF Deza.