Por encargo da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia ao longo do útimo trimestre do ano 2021 e os dous primeiros de 2022, desenvolvimos un PROGRAMA DE FORMACIÓN EN COMPETENCIAS BÁSICAS para os SERVIZOS COMUNITARIOS DE ATENCIÓN TEMPERÁ da REDE PÚBLICA GALEGA.
Foron 4 cursos:
“ATENCIÓN TEMPERÁ. DIVERSIDADE FAMILIAR E PARENTALIDADE POSITIVA, a cargo de Enrique B. Arranz, Catedratico de Psicoloxia da Familia na UPV. Curso online celebrado en tres semanas consecutivas do mes de novembro de 2021
“O NENO EN ATENCIÓN TEMPERÁ. ABORDAXE DENDE A GLOBALIDADE”, a cargo de Milagros Lorenzo, psicóloga e psicomotricista do Centro Medrando Xuntos, en duas edicións nos meses de xaneiro e febreiro de 2022
“TÉCNICAS DE COLABORACIÓN COAS FAMILIAS” dirixido por Rocío Garcia Castro, psicóloga clínica especialista en metodoloxía procc, en dúas edicións, nos meses de marzo e abril
“ESTANDARIZACIÓN DA INFORMACIÓN DE CASO“, que tivo como docente a Jaime Ponte, Médico Rehabilitador e Máster de Atención Temperá, en tres edicións, no mes de maio
A avaliación dos cursos polos asistentes mostran unha calificación excelente dos cursos, unha consideración de alta relevancia para o seu traballo e unha elevada valoración do profesorado e a docencia impartida
Esa misma cualificación reciben os aspectos estruturais dos cursos no aspecto de deseño, contidos, organización, ou materiais. Imposible acadar mais alta puntuación no que se refire ao traballo de grupo e ao clima de traballo nos cursos
AGAT agradece á Consellería de Política Social a oportunidade de falar, escoitar e debatir cos profesionais dos servizos as súas inquedanzas e preocupacións no exercicio profesional. Agradece tamén ao CEGADI a cesión das súas instalacións para estes cursos. E, sobre todo, agradecemos aos docentes e aos profesionais participantes o seu interese, participación e colaboración. A Atención Temperá en Galicia ten un gran futuro.