GaliciaNoticias

Entrevista da AGAT co Director Xeral de Persoas Maiores e Persoas con Discapacidade

11-11-2018

A Presidenta da AGAT, Teresa Busto, e o Vicepresidente, Jaime Ponte, mantiveron onte unha reunión co novo Director Xeral de Persoas Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa.

Os representantes da Asociación expuxeron a necesidade de mellorar as contías na financiación da rede comunitaria e do convenio coa AGAT, incrementando o investimento para aproximarse ao promedio do resto de Comunidades Autónomas e chegar a todo o territorio (actualmente tan só o 18%), creando equipas interdisciplinarias dimensionadas de acordo ás necesidades asistenciais, retribuíndo á actividade profesional dignamente como corresponde a un servizo moi especializado, e facilitando a súa estabilidade mediante financiación con fondos propios.

Os representantes da AGAT achegaron tamén os datos correspondentes ás 16 unidades actuais para que a administración comprenda a descompensación existente entre uns e outros recursos, de tal xeito que a día de hoxe estean a cubrir coa mesma dotación profesional territorios de máis de 100.000 e de menos de 10.000 habitantes.

REDE COMUNITARIA DE ATENCIÓN TEMPERÁ ANO INICIO

Nº DE NENOS/FAMILIAS 0-6

POBOACIÓN DIANA 5% NÚMERO DE PROFESIONAIS NECESARIO/ NÚMERO DE PROFESIONAIS EXISTENTE
UDIAF SALNÉS – AGAT 2009

5.140

257

8,81/3

UDIAF BERGANTIÑOS – AGAT 2014

2.871

144

4,92/3

SAT A POBRA – – RIBEIRA – BOIRO 1987

2.637

132

4,52/4

SAT A MARIÑA LUCENSE 1995

1.912

96

3,27/4

SAT MANOMUNIDADE DE ORDES 2008

1.670

84

2,86/4

SAT NOIA –OUTES -LOUSAME- MUROS- PORTO DO SON 1991

1.600

80

2,74/3

UDIAF DEZA – AGAT 2009

1.553

78

2,74/2,7

SAT CANGAS 1999

1.292

65

2,21/3

SAT CUNTIS – CALDAS – BARRO – MORAÑA – PORTAS 2018

1.131

57

1,94/3

SAT TEO 2018

903

45

1,54/3

SAT MANCOMUNIDADE DE VERIN 1992

790

40

1,35/3

SAT XALLAS 2018

436

22

0,74/3

SAT MANC. CARBALLIÑO-RIBEIRO 1991

364

18

0,24/3

SAT MONDOÑEDO- ABADÍN -RIOTORTO – TRABADA 2018

303

15

0,51/3

SAT MANCOMUNIDADE DE  STA AGUEDA 2018

224

11

0,38/3

SAT PORTOMARÍN – ANTAS 2018

80

4

0,13/3

REDE ACTUAL GALICIA

22.906

1.145

39/51

REDE NECESARIA GALICIA

121.211

6.061

207

 

AGAT solicitou da Dirección Xeral tódalas iniciativas posibles para emendar o actual proxecto de orzamentos, mellorando na medida do posible as correspondentes contías para aproximar o investimento de Galicia á media española, así como poñer en marcha liñas de actuación para recuperar a Axenda de Atención Temperá, o Plan de Formación, dotar as unidades cun software contrastado e remediar os problemas actuais da rede: insuficiencia, descompensacións, precariedade, descontinuidades, exceso de burocracia, baixas retribucións, ausencia de criterios de planificación e acreditación, etc.

A reunión foi unha primeira toma de contacto, tendo en conta que o novo Director Xeral ven de ser nomeado hai apenas dous meses.

Tags: Galicia, Noticias

Outras entradas

MURCIA – ATENCIÓN TEMPRANA PÚBLICA UNIVERSAL Y GRATUITA – 5,7 MILLONES DE EUROS EN 2019
Zaragoza 23 de novembro. Presentación do documento “La visión de los profesionales” . Por un modelo común de Atención Temprana en toda España