16- 06- 2022
Carmen Pomar e Ruben Lorenzo, diputados do Partido Popular no Parlamento de Galicia visitaron onte as instalacións da UDIAF Bergantiños co obxecto de interesarse pola situación actual da Unidade de Desenvolvemento Infantil e Apoio Familiar (UDIAF Bergnatiños), a lista de espera de case 50 familias e a demora de 252 días da que ven informando AGAT.
Carmen Pomar é diputada por A Coruña, foi Conselleira de Educación e actualmente preside a Comisión de Discapacidade no Parlamento de Galicia.
Rubén Lorenzo é diputado por Bergantiños e portavoz de Carballo do Partido Popular.
Na visita foron recibidos pola Coordinadora da Unidade, Yaiza Antelo, e polo Presidente da AGAT, Jaime Ponte, que lles ofreceron as memorias de actividades da Unidade dende a sua creación en 2014, e informaron da situación do servizo.
Tanto os representantes do Partido Popular como os profesionais da AGAT expresaron a súa disposición a buscar solucións a actual situación.