Formación e cursosNoticias

CURSO: “O NEONATO E A HUMANIZACIÓN DA SÚA CONTORNA”

curso-neonato

CURSO DE FORMACIÓN

O NEONATO E A HUMANIZACIÓN DA SÚA CONTORNA”

Unha mirada dende a Atención Temperá

Nos últimos anos a mortalidade perinatal diminuíu de forma espectacular pola maioría dos coidados obstétricos e neonatais. Esta diminución da mortalidade neonatal condiciona un incremento progresivo da poboación de risco. É por iso necesario que os centros que asisten a recén nacidos de risco dispoñan de programas específicos  cuxo obxectivo fundamental sexa detectar e tratar precozmente as problemáticas que podan xurdir e que garanticen un asesoramento familiar que potencie o benestar dos nosos recén nacidos.

Formulamos nesta xornada como a atención á familia e á contorna que rodean ó neonato. Actuacións dende a Atención temperá; resaltamos a importancia de capacitar ás familias para afrontar e adaptarse ás necesidades e condicións que van xurdindo nesta contorna; presentamos un modelo onde os pais e nais son participantes activos no proceso de intervención; buscamos a coordinación entre as e os profesionais e os servizos que atenden ao neonato promovendo a interdisciplinariedade e a transdisciplinariedade cuxo obxectivo común sempre será o benestar do neonato e da súa familia.

 

OBXECTIVOS:

  • Aportar unha experiencia interdisciplinaria e transdisciplinaria da abordaxe integral das nenas e nenos prematuros e das súas familias.
  • Dar a coñecer a primeira contorna externa onde se desenvolve o neonato e como esta contorna se pode optimizar para favorecer o desenvolvemento do bebé e da súa familia.
  • Expoñer ferramentas e instrumentos que faciliten comprender o comportamento e as relacións temperás do neonato.

 

CONTIDOS:

  • Historia da neonatoloxía.
  • Contexto dunha unidade neonatal.
  • Coidados centrados no desenvolvemento.
  • Actuacións dende o papel do traballador ou traballadora social.
  • Actuacións dirixidas ás familias desde o ámbito da Psicomotricidade.
  • A importancia da interdisciplinariedade e da transdisciplinaridade.
  • A escala NBAS de T.B. Brazelton e NBO de K. Nugent.
  • Identificación de alteracións visuais en nenas e nenos prematuros e neonatos a término.
  • Avaliación das funcións visuais.
  • Coñecementos sobre o bebé cego, de baixa visión e o déficit visual cerebral.

 

CURSO DE FORMACIÓN

O NEONATO E A HUMANIZACIÓN DA SÚA CONTORNA”

Unha mirada dende a Atención Temperá

 PROGRAMA

 Salón de Actos da Escola Galega de Administración Pública. Santiago de Compostela

Sábado 26 de novembro de 2016

 

Mañá

9:30-10:30  A Unidade Neonatal.

Nieves Balado Insunza.

Pediatra. Xefa do Servizo de Pediatría do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

 10:30-11:30  Coidados Centrados no Desenvolvemento.

María Jesús Fernández Cotado.

Enfermeira na Unidade de Neonatoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

 11:30-12:00 Pausa – Café

 12:00-12:30 O Traballo Social e a Atención Temperá.

Mª Xosé Vázquez Vázquez.

Traballadora Social do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

 12:30-13:00 Acompañamento dende o ámbito da Psicomotricidad. Tecendo fíos afectivos.

Ana Belén Fernández Blanco.

Psicomotricista. Unidade de Atención Temperá do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

 13:00-14:00 A Interdisciplinaridade entre Neonatoloxía e Atención Temperá. A familia.

Mercè Leonhardt Gallego.

Psicóloga especializada na atención temperá a nenas e nenos con déficit visual e outras discapacidades, e na atención a nais e pais.

Coordinadora Atención Temperá de Programas Internacionais da Fundación Ramón Martí Bonet contra a Cegueira e Fundación Vicente Ferrer na India.

 Tarde

16:00–17:45 As capacidades do neonato. A Escala NBAS de T.B. Brazelton e NBO de K. Nugent

                  Identificación dunha alteración visual en nenas e nenos prematuros, e neonatos a término.

Mercè Leonhardt Gallego.

Psicóloga especializada na atención temperá a nenas e nenos con déficit visual e outras discapacidades, e na atención a nais e pais.

 

17:45-18:00 Descanso

18:00–20:00 Avaliación das funcións visuais.

                   O bebé cego, de baixa visión e o déficit visual cerebral.

Mercè Leonhardt Gallego.

Psicóloga especializada na atención temperá a nenas e nenos con déficit visual e outras discapacidades, e na atención a nais e pais.

 

 curso-neonato

CURSO DE FORMACIÓN

O NEONATO E A HUMANIZACION DO SEU CONTORNO”

 INSCRICIÓN

  • Entrar en “Contacto” na páxina principal da web da AGAT: 
http://www.atenciontemprana.com 

  • Cubrir o formulario poñendo os vosos datos personais, profesión e lugar de traballo 

  • No apartado “email” poñede, por favor, o voso enderezo electrónico, para poder enviarvos notificacións. 

  • No renglón de “asunto” escribir “Inscrición Curso O NEONATO E A HUMANIZACION DO SEU CONTORNO”
  • Finalmente premer (pinchar) no botón “Enviar”. 

  • Inmediatamente recibiredes unha mensaxe automática de saída da solicitude. 

  • Posteriormente, un correo de “AGAT formación” (formacion@atenciontemprana.com) confirmarádevos a recepción da solicitude e informarádevos, por rigurosa orde de chegada, de que para formalizar a matrícula hai que ingresar a cota correspondente na conta:

                               C/C da AGAT 2080 0553 50 3040005038 ABANCA

  • A admisión ao curso será efectiva cando recibadess outro correo de “AGAT formación” confirmando o ingreso da cota de inscrición na conta da AGAT.

 

 COTAS:

 Ata o día 12 de novembro:

  • Cota de inscrición socios/as AGAT: 60 €
  • Cota especial: Inscrición + Asociación AGAT: 110 €
  • Cota de inscrición de non-socios/as: 90

 Despois  do día 12 de novembro:

  • Cota de inscrición socios/as AGAT: 80 €
  • Cota especial: Inscrición + Asociación AGAT: 130 €
  • Cota de inscrición de non-socios/as: 110 €

 

 INFORMACIÓN COMPLEMENTARIA:

 atenciontemprana@atenciontemprana.com

agat@atenciontemprana.com

Tfno. 698 124 611

http://www.atenciontemprana.com

 

 PRAZAS LIMITADAS.

 

UBICACIÓN:

 Escola Galega da Administración Pública (EGAP)

Rúa de Madrid 2-4. FONTIÑAS – Santiago de Compostela.

Declaración de interese sanitario: en trámite

 

 ENLACES

CURSO O NEONATO E A HUMANIZACION DA SÚA CONTORNA.pdf

CURSO EL NEONATO Y LA HUMANIZACION DE SU ENTORNO.pdf

Tags: Formación e cursos, Noticias

Outras entradas

INCUMPRIMENTO DO DEREITO A ATENCIÓN TEMPERÁ
XORNADA: CAMBIO SOCIAL E CRISE DA CULTURA DE CRIANZA