Galicia

CONVOCADAS ASEMBLEAS ORDINARIA E EXTRAORDINARIA DA AGAT

A Xunta Directiva da AGAT ven de convocar a Asemblea Ordinaria da AGAT para o vindeiro día 15 de marzo as 10.00 horas no CENTRO SOCIOCUTURAL DE FONTIÑAS en Santiago de Compostela.

Igualmente, e a partir das 12 horas está convocada a Asemblea Extraordinaria da Asociación, tendo en conta que compre abordar a renovación da Xunta Directiva.

AGAT afronta, nos vindeiros meses un conxunto de tarefas da máxima importancia para o colectivo profesional da Atención Temperá: acreditación de servizos e mellora da súa calidade conforme aos acordos recén asinados a nivel estatal, mellora das condicións laborais e de exercicio profesional, extensión da Rede galega, establecemento dun calendario formativo, etc.

¡¡¡¡  Esperámosvos en Santiago o próximo día 15 ¡¡¡¡

Tags: Galicia

Outras entradas

AGAT CONVOCA CURSO “COMO ACOMPAÑAR ÁS FAMILIAS PARA PREVIR O EXCESO DE PANTALLAS”
UDIAF DEZA 144 FAMILIAS ATENDIDAS EN 2024