GaliciaNoticias

CONVENIO DE COLABORACIÓN XUNTA DE GALICIA – AGAT

image_gallery 2)
A XUNTA DE GALICIA APROBA O CONVENIO DE COLABORACIÓN COA ASOCIACIÓN GALEGA DE ATENCIÓN TEMPERÁ CO QUE SE FINANCIARÁN TRES UNIDADES DE APOIO PSICOSOCIAL
A Administración autonómica investirá un total de 300.000 euros na atención a nenos e nenas de 0 a 6 anos con trastornos do desenvolvemento

As tres unidades están situadas nas comarcas do Deza, do Salnés e de Bergantiños
O Consello da Xunta aprobou hoxe un convenio de colaboración coa Asociación Galega de Atención Temperá (AGAT) a través do cal se colaborará no financiamento de tres unidades de apoio psicosocial, dirixidas á atención de nenos e nenas de entre 0 e 6 anos con trastornos do desenvolvemento ou en risco de padecelos. Así mesmo,
prestarase apoio ás súas familias e ao seu contorno , coa finalidade de facilitar o desenvolvemento da autonomía persoal destes menores e a súa inclusión social. As
tres unidades contan cada unha cun equipo de profesionais especialistas en desenvolvemento infantil e atención temperá.
Grazas a este convenio, previsto na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016, a Xunta achegará 300.000 euros para o
financiamento da actividade das tres unidades. Isto supón un incremento de 25.000 euros con respecto ao exercicio pasado, e 100.000 e uros máis que no ano 2009.
A importancia dunha abordaxe temperá é un elemento esencial para a efectividade das políticas sociais, xa que permite diminuír as situacións futuras de dependencia e
consecuentemente, acadar unha sociedade máis igualitaria para todos os seus compoñentes. Dada a situación demográfica da comunidade, é especialmente relevante
o desenvolvemento dos menores para que acaden unha vida normalizada e coas mellores cotas de autonomía persoal.
As dúas primeiras unidades de Desenvolvemento Infantil e Apoio Familiar comarcais de Galicia, no Deza e no Salnés, iniciaron a súa actividade no ano 2009, e no 2014
entrou en funcionamento unha nova unidade na comarca de Bergantiños. A través destas tres unidades, un total de 313 familias foron atendidas no ano 2015, e co
incremento orzamentario no presente exercicio búscase aumentar esta cifra e reforzar aquelas prestacións que dentro da carteira de servizos á atención temperá teñan máis demanda.
Por outra banda, esa cobertura vaise reforzar media nte unha nova liña de subvencións que a Xunta porá en marcha para o financiamento destes servizos a través das
entidades locais, consolidando así a Rede Galega de Atención Temperá e facendo desta un verdadeiro servizo de proximidade para os
nenos e nenas e as súas familias. Así, destinaranse á dita convocatoria de subvención s 2.252.216 euros.
___________________________________________________
[quote align=”center” color=”#999999″]Deste xeito, e de forma directa para este tipo de servizos, supéranse os 2,5 millóns de euros[/quote] , ademais do orzamento que se destina ás entidades do ámbito da discapacidade, que tamén prevén este tipo de servizos entre os seus programas e recursos.
Este convenio, enmárcase no eixe 2 do Plan estratéxico de Galicia 2015-2020, na Estratexia galega sobre discapacidade 2015-2020 e na Estratexia de prevención da
dependencia, Horizonte 2020. Así mesmo, é unha das actuacións recollidas na Axenda Galega de Atención Temperá 2015-2016, un documento que representa a acción
coordinada entre os sistemas implicados na atención temperá como o sistema de saúde, de educación e de servizos sociais, para unha abordaxe integral e temperá do
desenvolvemento infantil e o apoio ás familias.
Tags: Galicia, Noticias

Outras entradas

AGAT PRESENTA UN ESTUDO DE NECESIDADES DE ATENCIÓN TEMPERÁ
Sinatura do Convenio Xunta-AGAT