CONVOCATORIA E BASES REGULADORAS DO PROCESO DE SELECCIÓN DUN/DUNHA LOGOPEDA ADSCRITO/A Á UNIDADE DE ATENCIÓN TEMPERÁ COMO FUNCIONARIO/A INTERINO/A (ART. 10.1.c/ EBEP).-
http://deputacionlugo.gal/sites/deputacionlugo.org/files/inline-files/26-05-2021.pdf#page=6
1.- OBXECTO DA CONVOCATORIAConstitúe o obxecto das presentes bases a regulación do procedemento que se levará a cabo para a selección dun/dunha logopeda que prestará os seus servizos na Unidade de Atención Temperá. Características do posto: -Grupo/Subgrupo profesional: A2 – Nivel complemento de destino 18 -Relación xurídica co Concello: Funcionarial (Funcionario/a interino do artigo 10.1.c/ “execución de programas de carácter temporal” do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o Textorefundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público). –
Duración do nomeamento: .A duración do programa descrito se estenderá entre o 06/05/2021 e o 05/05/2024, sen prexuízo da posible prórroga por un prazo de 12 meses máis se persisten os requisitos materiais, legais e financeiros para a continuidade do programa, podendo producirse con anterioridade a extinción do mesmo por tratarse da execución dun programa de carácter temporal -Xornada: A tempo completo (100%) –
Retribucións mensuais: salario Grupo/Subgrupo profesional A2 ; complemento de destino (nivel 18) 432,32 €; complemento específico: 69,33 €. Todo isto conforme o disposto no Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido la Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, na Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, na Lei 2/2015 de emprego público de Galicia, e demais normas concordantes de aplicación. A convocatoria e as bases íntegras publicaranse no BOP de Lugo, na sede electrónica (https://burela.sedelectronica.es) e no taboleiro de anuncios do Concello e estarán a disposición dos /das interesados no Rexistro Xeral do Concello. Toda a documentación que se publique con posterioridade a convocatoria será obxecto de publicidade mediante o correspondente anuncio no taboleiro de edictos sito na casa consistorial e no taboleiro de anuncios dixital, exclusivamente. O acceso ao taboleiro de anuncios dixital realizase a través da sede electrónica do Concello de Burela (http://burela.sedelectronica.es)