Noticias

CONTRATACIÓN FISIOTERAPEUTA

CONVOCATORIA E BASES REGULADORAS DO PROCESO DE SELECCIÓN CONVOCADO PARA A CONTRATACIÓN DUN/DUNHA FISIOTERAPEUTA, A TEMPO PARCIAL (50% XORNADA), TRES MESES, PARA A MELLORA DO SERVIZO DE ATECIÓN TEMPERA DE XESTIÓN COMPARTIDA PARA OS CONCELLOS DE ABADIN, BARREIROS, LOURENZÁ, MONDOÑEDO, PASTORIZA, RIOTORTO E TRABADA

Estes Concellos contan co Servizo de Atención Temperá dende o 01 de outubro de 2018 co seguinte persoal: Coordinadora, Psicopedagoga e Logopeda.

Na resolución de concesión da convocatoria de 2019 ampliouse a oferta de persoal a un/unha fisioterapeuta, polo que existe unha urxente necesidade de contar con este persoal especializado- Fisioterapeuta para a continuación deste Servizo, que inicie a súa relación laboral, como moi tarde o 1 de outubro.

Este Servizo é de máxima importancia, xa que é un servizo que se está a prestar para a agrupación de Concellos de: Abadín, Barreiros, Lourenzá, Mondoñedo, Pastoriza, Riotorto e Trabada.

MAIS INFORMACIÓN

https://mondonedo.sedelectronica.gal/

Tags: Noticias

Outras entradas

ATENCIÓN TEMPERÁ EN BERGONDO, ABEGONDO E CARRAL
15-16 NOVEMBRO CONGRESO DO GAT EN BILBAO