OFERTA EMPREGO PÚBLICO. OUTEIRO DE REI
O concello de Outeiro de Rei busca para o seu Centro de Atención Temperá:
GRUPO PERFIL PROFESIONAL PERÍODO CONTRATACIÓN
I PSICOPEDAGOGO 1/10/2019 AO 31/03/2020
II LOGOPEDA 1/10/2019 AO 31/03/2020
II TERAPEUTA OCUPACIONAL 1/10/2019 AO 31/03/2020
A duración dos contratos será dende a formalización dos mesmos prevista para o día 1/10/2019 ata o día 31/03/2020.
A retribución será de 17,41 €/h para profesionais equiparables ao grupo I e de 15,50 €/h para profesionais equiparables ao grupo II, cantidade que inclúe todos os conceptos salariais incluída a indemnización fin de contrato e a seguridade social a cargo da empresa.
Unha das tres persoas que resulten seleccionadas deberá realizar as funcións de coordinación do servizo. A atribución das funcións de coordinación será atribuída polo sr. Alcalde en atención á experiencia e méritos dos candidatos seleccionados.
Prazo de presentación de instancias dende o 2 de setembro ata o 11 de setembro.
👉https://outeiroderei.sedelectronica.gal/board