Formación e cursosNoticias

COMEZOU A PRIMEIRA EDICIÓN DO CURSO DE FORMACIÓN “O NENO EN ATENCIÓN TEMPERÁ. ABORDAXE DENDE A GLOBALIDADE”

Hoxe as 9 da mañá comezou a primeira edición do curso “O NENO EN ATENCIÓN TEMPERÁ. ABORDAXE DENDE A GLOBALIDADE”, para os profesionais da Rede Galega de Atención Temperá.

O curso está organizado pola AGAT e financiado ao 100% pola Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia dentro do PROGRAMA DE FORMACIÓN EN COMPETENCIAS BÁSICAS que se está a desenvolver en 2021 e 2022.

Esta primeira edición ten 20 horas de duración e se celebra nas magnificas instalacións do CEGADI, en Santiago de Compostela, dende hoxe ata o mércores 19. Asisten 18 profesionais de diferentes servizos da Rede

O curso está dirixido por Milagros Lorenzo Méndez, Psicóloga Clínica e Psicomotricista do Centro Medrando Xuntos.

Tags: Formación e cursos, Noticias

Outras entradas

ACTUALIZACIÓN EN DIFICULTADES DE ALIMENTACIÓN COA UNIDADE INTERDISCIPLINARIA DO HOSPITAL NIÑO JESÚS
CONTINÚA O CURSO SOBRE “O NENO EN ATENCIÓN TEMPERÁ” ABORDAXE DENDE A GLOBALIDADE