O luns 4 deu comezo a 2ª edición do curso «TÉCNICAS DE COLABORACIÓN COAS FAMILIAS» para os profesionais da Rede Galega de Atención Temperá.
O curso está organizado pola AGAT e financiado ao 100% pola Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia dentro do PROGRAMA DE FORMACIÓN EN COMPETENCIAS BÁSICAS que se está a desenvolver en 2021 e 2022.
Esta segunda edición ten 20 horas de duración e ten lugar no CEGADI, en Santiago de Compostela. Asisten 18 profesionais de diferentes servizos da Rede
O curso está dirixido por Rocío García Castro, Psicóloga Clínica e especialista en metodoloxía Procc.
A primeira edición celebrada os días 14-16 de Marzo tivo unha avaliación de excelencia por parte dos profesionais asistentes