O vindeiro sábado 27 comeza a 2ª EDICIÓN do curso de formación
TRABALLO CON FAMILIAS NA REDE GALEGA DE ATENCIÓN TEMPERÁ
Formación organizada e coordinada pola Asociación Galega de Atención Temperá (AGAT) e impartida polo Centro Marie Langer, Centro de desenvolvemento de saúde comunitaria.
Financiación de programas de interese xeral para fin de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF 2023, xestionado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia
50 HORAS DE FORMACIÓN SUPERVISADA
OBXECTIVOS
- Reflexionar acerca do proceso de construción de autonomía como un proceso integral no desenvolvemento humano e a implicación do vínculo co mundo adulto.
- Traballar algunhas ferramentas para optimizar a relación coas familias dos nenos e nenas usuarias de Atención Temperá.
- Coñecer algunhas nocións básicas da concepción da Metodoloxía ProCC en relación a intervención grupal con familias.
CONTIDOS
- Ter un fillo con trastorno do desenvolvemento, implicacións para a familia. O papel da familia no tratamento dun neno/a en atención temperá. O papel do profesional de atención temperá en relación á familia.
- Normalidade Suposta Saúde e malestares cotiáns do ámbito familiar. Dificultades cotiás nas relacións familiares e a súa relación co proceso de construción de autonomía.
- Vínculo, desprendementos, duelo, autoridade e límites. Sentimentos nomeables e innomeables e a súa influencia no proceso de elaboración do duelo. O círculo vicioso da culpa.
- Claves para a intervención con familias, intervención individual e intervención grupaL
- Orientación comunitaria na intervención. Algunhas ferramentas para o traballo grupal con familias desde unha perspectiva comunitaria.
LUGAR – EGAP- SANTIAGO DE COMPOSTELA. AULA Nº 2