Formación e cursosNoticias

CLAUSURA DO PROGRAMA DE FORMACIÓN INTRASERVIZOS

O VENRES 26 tivo lugar a clausura do programa de formación “Intraservizos”, para novos SERVIZOS DE ATENCIÓN TEMPERÁ, subvencionado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e titorizado pola AGAT.

O PROGRAMA INTRASERVIZOS é un programa piloto proposto pola AGAT para facilitar aos novos servizos comunitarios da REDE GALEGA DE ATENCIÓN TEMPERÁ unha formación supervisada ao respecto dos procedementos de traballo de caso, traballo en equipo, cos nenos/as e coas familias.

Segue unha metodoloxía reflexiva e de acompañamento dos novos equipos mediante sesións periódicas titorizadas nas que se abordan as funcións dos SATS, os roles dos coordinadores de caso e a formalización pública das actividades realizadas.

Os resultados preliminares do programa, desenvolvido entre 2019 e 2020 nos SATS da Agrupacións de Abadín-Barreiros-Lourenzá-Mondoñedo-A Pastoriza-Riotorto-Trabada-, Santa Comba – A Baña e Antas de Ulla-Monterroso-Portomarín son excelentes e o informe de avaliación final será entregado en breve pola AGAT á Xunta de Galicia.

Tags: Formación e cursos, Noticias

Outras entradas

MELLORA DA REDE DE ATENCIÓN TEMPERÁ ENTRE AS PROPOSTAS DA PLATAFORMA DE INFANCIA DE GALICIA
LISTAXES PARA CURSO DE FORMACIÓN NA ESCALA ADBB