Bo día:
como todos os anos o 16 de xuño celebramos o día da Atención Temperá.
Como todos os anos tamén vos pedimos un pequeno esforzo de proxección e visibilización do noso traballo e da súa relevancia ao tempo que reivindicamos a mellora da rede de servizos.
Achegamos o MANIFESTO DA FEDERACIÓN e os materiais para poder personalizar as vosas ideas, comentarios, propostas, demandas etc.
Para darlles visibilidade aconsellamos utilizar calquera medio a vosa disposición: carteis, noticias ou fotos nos medios locales, periódicos, redes sociales, WASAP, etc. Como o día 16 este ano coincide en domingo trataremos de utilizar todo o fin de semana.
Para difundir a través da AGAT /Facebook enviade os carteis directamente ou tamén vía correo atenciontemprana@atenciontemprana.com.
Adhírete ao Manifesto.
Utiliza os hashtags #DíaAtenciónTemperá #AhoraMaisTemperá #EusonAT #SerTemperá
Coloca visible o cartel.
Únete ás celebracións da túa Comunidade.
Súmate ás campañas que se realizan.
Aperta
AGAT
MANIFESTO 2024 DÍA ATENCIÓN TEMPERÁ-GALEGO
Para comezar compartimos hoxe a proposta do SAT SANTA COMBA A BAÑA