Noticias

AGAT SELECCIONA 2 PROFESIONAIS PARA O EQUIPO DE ATENCIÓN TEMPERÁ DO DEZA

3-11-2022 A Asociación Galega de Atención Temperá (AGAT) Para a UDIAF DEZA, servicio social comunitario específico de atención temperá radicado en Lalín, selecciona:   2  PROFESIONAIS PARA O EQUIPO INTERDISCIPLINARIO A Unidade forma parte da Rede Galega de Atención Temperá. Está financiada pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia O posto de traballo implica formar parte dun equipo interdisciplinario e realizar funcións de apoio a nenos/as de 0 a 6 anos e as súas familias. Posibilidade de xornada completa (38,5h) e contrato indefinido tras período de proba. Ofrécese…
Noticias

PREVISIÓNS ORZAMENTARIAS PARA 2023 NA REDE GALEGA DE ATENCIÓN TEMPERÁ

Os orzamentos da Xunta de Galicia para 2023, contemplan un total de 5.650.587 € para a Rede galega de Atención Temperá. 4.921.759 € están contemplados para os programas de consolidación e creación de novos servizos e contan coa cofinanciación do Fondo Social Europeo. 728.828 € figuran nas previsións do novo convenio coa AGAT para poder afrontar a demora a asistencial e as listas de espera actuais mediante a contratación de persoal nas UDIAF do Deza, Salnés e Bergantiños e os desdobramento da Unidade do Salnés mediante a creación doutra unidade…
Galicia Noticias

VÉMONOS O 26 DE NOVEMBRO NA POBRA

AGAT CELEBRA O 25 ANIVERSARIO O vindeiro 26 de NOVEMBRO, temos unha cita na POBRA ¡UN ENCONTRO PARA LEMBRAR, CELEBRAR E IMAXINAR! ¡UNHA OCASIÓN PARA SEGUIR CONSTRUÍNDO XUNTOS A REDE GALEGA DE ATENCIÓN TEMPERÁ! PROGRAMA PROVISIONAL 26 DE NOVEMBRODescarga
Noticias

LOS PROFESIONALES DE ATENCIÓN TEMPRANA DE LA COMUNIDAD VALENCIANA IRÁN A LA HUELGA

Prensa 4-10-2022 Convocada una huelga en los centros de atención temprana de la Comunidad Valenciana contra las instrucciones de la Consellería de Igualdad Los trabajadores de centros de atención temprana están convocados a secundar una huelga para mostrar su rechazo a las instrucciones dictadas por la Conselleria de Igualdad y Políticas Inclusivas, que, según denuncia el colectivo, suponen “una atención menos individualizada”. Según informa la Asociación Valenciana de Atención Temprana (AVAP), para el 5 de octubre se ha previsto un paro laboral y concentraciones –bajo el lema ‘Atención temprana en…
Noticias

INICIO DE ACTIVIDADES NO SERVIZO DE ATENCIÓN TEMPERÁ DE CHANTADA, CARBALLEDO E TABOADA

23-09-2022 Dende o SAT de Chantada, Carballedo e Taboada, informan do inicio das actividades. O equipo esta formado actualmente por unha psicóloga/neuropsicóloga e unha logopeda estando pendente da incorporación inmediata dunha fisioterapeuta A coordinadora do SAT é a psicóloga Miriam Vázquez Suárez O correo electrónico de contacto é satcomarcachantada@gmail.com Os telefonos 982-83-13-32/ 621-18-15-57. O enderezo do SAT é: Rúa Rosalía de Castro, nº1, Chantada, (Lugo), c.p.:27500. Desexámoslles moita sorte no seu discurrir profesional
Noticias

REMODELACIÓN DA SALA DE PSICOMOTRICIDADE NA UDIAF BERGANTIÑOS

21-06-2022 A pasada semana tiveron lugar as obras de remodelación da sala de psicomotricidade da UDIAF BERGANTIÑOS, na rúa Ambulatorio de Carballo. As obras, que permiten poñer mais espazo e mais recursos técnicos e de xogo a disposición dos nenos e nenas que acuden á UDIAF, foron realizadas e financiadas polo Concello de Carballo, propietario deste local que utiiza en réxime de cesión de uso a Asociación Galega de Atención Temperá. A UDIAF BERGANTIÑOS é un servizo social comunitario específico da Rede Galega de Atención Temperá, estando financiado ao 100%…
Galicia Noticias

ELENA SUARÉZ E CARMEN POMAR, DIPUTADAS DO PARTIDO POPULAR VISITAN A UDIAF SALNÉS EN VILAGARCÍA DE AROUSA

21-09-2022 Elena Suárez y Carmen Pomar, diputadas do Partido Popular no Parlamento de Galicia visitaron onte as instalacións da UDIAF Salnés co obxecto de interesarse pola situación actual desta Unidade de Desenvolvemento Infantil e Apoio Familiar, servizo social comunitario específico da Rede Galega de Atención Temperá que atende a comarca do Salnés, financiado ao 100% pola Consellería de Política Social  e xestionado pola Asociación Galega de Atención Temperá (AGAT) . O obxecto da visita foi interesarse pola posibilidade de ampliar e mellorar as instalacións así como a ampliación do equipo…

AGAT CONTRATA PSICOMOTRICISTA PARA ATENCIÓN TEMPERÁ NA UDIAF BERGANTIÑOS

30 -08 -2022 A Asociación Galega de Atención Temperá (AGAT) precisa para a Unidade de Desenvolvemento Infantil e Apoio Familiar de Bergantiños, servicio social comunitario específico de atención temperá radicado en Carballo, un/unha PSICOMOTRICISTA A Unidade forma parte da Rede Galega de Atención Temperá. Está financiada pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia mediante convenio. O posto de traballo implica formar parte dun equipo interdisciplinario e realizar funcións como psicomotricista en apoio dos nenos de 0 a 6 anos e as súas familias. Ofrécese xornada de traballo completa…