A UDIAF BERGANTIÑOS ATENDE 107 FAMILIAS E REFORZA A SÚA PLANTILLA PARA 2023
15 01-2023 O presidente da AGAT, Jaime Ponte, e a coordinadora da UDIAF Bergantiños, Yaiza Antelo, como tódolos anos presentaron o avance de resultados de 2022 no concello de Carballo. En 2022 a UDIAF atendeu cento sete (107) familias o que ven significando un 5,3% da poboación infantil de 0 a 6 anos dos concellos atendidos na comarca de Bergantiños. Segundo consta na memoria de actividades en apoio destas familias realizáronse 1943 prestacións de apoio e 477 actuacións de coordinación con outros profesionais e recursos con motivo dos programas personalizados.…