Noticias

Noticias

NOVA LOGOPEDA PARA O SAT DE A POBRA

O Concello da Pobra contrata unha nova logopedista O Concello da Pobra do Caramiñal, a través da Concellaría dos Servizos Sociais, reforza o Servizo de Atención Temperá do Centro de Atención Integral á Discapacidade coa contratación dunha nova logopedista. A dita profesional incorpórase ao cadro de persoal composto por outras dúas logopedistas, unha pedagoga (con funcións de coordinación do servizo), unha psicóloga e unha animadora sociocultural. Entre as súas funcións figura atende-los problemas da voz, fala, linguaxe, comunicación, auditivos e orais de nenos e nenas con idades comprendidas entre os…
Galicia Noticias

FEIJOO ANUNCIA A CREACIÓN DE 8 NOVAS UNIDADES DE ATENCIÓN TEMPERÁ

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe o incremento en 2021 dos fondos para a atención á discapacidade, un 10% máis que en 2020. Entre os temas tratados, Feijóo precisou que esta achega permitirá a creación de “oito novas unidades de atención temperá, ata chegar a un total de 35”. Segundo os orzamentos para 2021 actualmente en trámite parlamentario para a rede galega de atención temperá hai unha previsión de 3.4 millóns de euros. Tamén anunciou a posta en marcha do concerto social en principio para os centros…
Galicia Noticias

REUNIÓN FEGAMP – AGAT SOBRE A REDE GALEGA DE ATENCIÓN TEMPERÁ

O pasado martes día 1 de decembro tivo lugar unha reunión da Xunta Directiva da AGAT co Presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), Alberto Varela. En representación da AGAT asistiron Raquel Boquete e Jaime Ponte O motivo da reunión foi facer entrega á FEGAMP do traballo do PLAN DE CALIDADE elaborado pola AGAT para a mellora da REDE GALEGA DE ATENCIÓN TEMPERÁ O documento presentado pola AGAT, analiza a situación da REDE, a necesidade de incrementar a inversión de forma susbstancial e de extendela REDE a toda…
Galicia Noticias

AGAT PRESENTA PROPOSTAS PROFESIONAIS PARA UN PLAN DE CALIDADE NA REDE GALEGA DE ATENCIÓN TEMPERÁ

AGAT ven de elaborar un documento de análise e propostas profesionais para mellorar a calidade da Rede Galega de Atención Temperá As propostas en síntese plantean: 1 – Incrementar a inversión. Actualmente Galicia ocupa un dos últimos lugares de España na relación gasto en SATS /poboación infantil 0-6 2- Extender a rede a toda Galicia. Pasando do 30% ao 100% de cobertura territorial en servizos de proximidade 3 – Cambiar o sistema da planificación. Dimensionando os equipos en función da poboación diana. 4 – Dotar aos equipos de instalacións e…
Noticias

ASPANEPS CONTRATA PSICÓLOGA PARA SUBSTITUCIÓN POR MATERNIDADE – SAT FERROL

Anuncio para contratación de Psicóloga/o para o Servizo de Atención Temperá na Mancomunidade de concellos da comarca de Ferrol (Ares, Cabanas, Cedeira, Fene, Ferrol, Mugardos, Narón, Neda e Valdoviño). Contrato a xornada completa (35 horas) en réxime de substitución por baixa maternal. Inicio aproximado: Principios de xaneiro. Incorporación inmediata Finalización: por reincorporación da titular Requisitos: Licenciatura ou Grao en Psicoloxía. Formación e/ou experiencia en desenvolvemento infantil e AT. Outros méritos: experiencia no ámbito 0-6 e no traballo coa infancia e familias. Interesados diríxanse a: aspanepsadm9@gmail.com (axuntar teléfono e correo electrónico de contacto)…
Noticias

AGAT RECLAMA UN PLAN DE CALIDADE NA REDE GALEGA DE ATENCIÓN TEMPERÁ

PRECISAMOS UN PLAN DE CALIDADE Reunida o 14 de novembro a Xunta Directiva da Asociación Galega de Atención Temperá (AGAT) acordou iniciar un calendario de xestións sociais e institucionais de cara á posta en marcha dunha AXENDA que implemente un PLAN DE CALIDADE guiado por CRITERIOS PROFESIONAIS para a REDE GALEGA DE ATENCIÓN TEMPERÁ. UNHA CARGA ASISTENCIAL EQUILIBRADA AGAT considera que o despregue e creación dos servizos da REDE estase a facer de forma desordenada, sen apenas planificación e con desequilibrios moi importantes na carga asistencial dos servizos. Esta situación…
España Noticias

XI CONGRESO INTERDISCIPLINARIO DEL GAT – 13 SESIÓNS ONLINE

Los factores que influyen en el desarrollo infantil y la crianza en una sociedad plural son múltiples y diversos. También lo son la variedad de opciones de intervención terapéutica que existen para hacer frente a dificultades o patologías en esta etapa de primera infancia. El Congreso “Infancias hoy. La infancia en plural” nace con la vocación de ser un punto de encuentro para que las personas que se dedican a la atención temprana y el desarrollo infantil compartan sus prácticas profesionales. PRoGRaMa. ¿Cuáles son las funciones de la crianza? ¿Cómo…

FINALIZA O CURSO DE CAPACITACIÓN DA ESCALA ADBB

Rematou na Escola Galega de Administración Pública o segundo curso de capacitación na Escala ADBB (Alarm Detress Baby Scale) de Detección Precoz do Retraimento Social na primeira infancia. A capacitación na Escala estivo inscrita no Programa de Atención ao Estrés Relacional para a Rede Galega de Atención Temperá que ven de desenvolver AGAT en colaboración con ASMI (Asociación de Saúde Mental Infantil) grazas a subvención da Consellería de Política Social con cargo ao 0,7 do IRPF. O programa ten permitido a capacitación e certificación para o uso da Escala de…
España Noticias

91 MILLÓNS DE EUROS PARA ATENCIÓN TEMPERÁ EN ANDALUCÍA

Prensa – Setembro La vicesecretaria de Sociedad del Bienestar del PP Andaluz, Ana Mata, ha destacado el “salto histórico” que la Atención Infantil Temprana ha dado en Andalucía y que beneficiará a más de 16.000 niños y sus familias, gracias, al “mayor presupuesto aprobado” en este sentido en Andalucía, con 91 millones de euros, un 81 por ciento más. Mata ha explicado que el gobierno andaluz ya ha aprobado el decreto que autoriza la partida de 91 millones para que las entidades puedan prestar los servicios de Atención Infantil Temprana…