GaliciaNoticias

CASE 6 MILLÓNS DE EUROS PARA ATENCIÓN TEMPERÁ NO PROXECTO DE ORZAMENTOS PARA 2022

O proxecto de orzamentos da Xunta,  aprobado o pasado 18 de outubro, ten previsto un crédito de 5.865.990,00 € destinados á nova Convocatoria de Axudas, un incremento de 2.796.653,00 € en relación á convocatoria previa.

Supostamente, dentro dese crédito figurará unha parte PROGRAMA DE CONSOLIDACIÓN, que permitiría a continuidade dos 33 SATS actuais dende o día 1 de novembro, facilitando así que os concellos poidan darlle continuidade a prestación e os servizos actuais. Outro estara probablemente orientado á creación de novas unidades.

A continuidade dos Servizos é un tema prinicipal dende o punto de vista das vinculacións terapeuticas que teñen lugar entre profesionais-nenos/as e familias. Sería mais que aconsellable que todos os SATS actuais, as familias e os profesionais tivesen información clara sobre a continuidade do seu servizo, e sería necesario evitar calquera discontinuidade que non responda a razóns de carácter profesional ou de interese da propia familia.

Tags: Galicia, Noticias

Outras entradas

2ª EDICIÓN DO CURSO “DETECCIÓN PRECOZ DE INDICADORES DE ALARMA NA PRIMEIRA INFANCIA” PARA FORMACIÓN NA ESCALA ADBB
O CONCELLO DE QUIROGA CONTRATA PSICOPEDAGOGO/ OU PSICÓLOGO/A, LOGOPEDA E TERAPEUTA OCUPACIONAL