ESCALA ADBB
(Alarme Détresse Bébé)
(Guedeney, 2001-2012)
“Detección precoz de indicadores de alarma na Primeira Infancia”
2-3 e 23-24 de outubro de 2020
Formación organizada e coordinada pola Asociación para a Saúde Mental Infantil ASMI WAIMH-España coa colaboración da Asociación Galega de Atención Temperá (AGAT)
Financiación de programas de interés xeral para fin de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF 2019, xestionado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia
CONVOCATORIA SELECCIÓN DE PARTICIPANTES
Nº DE PRAZAS = 20
Formación gratuíta previa selección, baremación e distribución das prazas.
Prégase non concorrer se non se compren os requisitos mínimos.
REQUISITOS MÍNIMOS PARA OPTAR Á SELECCIÓN .
Para optar á selección os candidatos deben
- Estar en posesión dunha titulación de grao exixible para traballar en Atención Temperá: psicólogas, logopedas, pedagogas, mestras, fisioterapeutas, terapeutas ocupacionais, ….
- Estar traballando na actualidade na Rede Galega de Atención Temperá (RGAT)
- Contar cunha experiencia mínima de 3 anos traballados na Rede Galega de Atención Temperá (RGAT)
- ou, alternativamente:
- Contar con 2 anos de experiencia mínima na RGAT e formación de posgrao en Atención Temperá e/ou Apoio Familiar (mínimo 300 h.)
BAREMO DE PUNTUACIÓN DOS CANDIDATOS ADMITIDOS
- Por cada ano de experiencia na RGAT = 10 puntos
- Por cada titulación de posgrao ou curso de especialización superior a 300 horas relacionados co traballo en Atención Temperá = 10 puntos
- Por cada unha doutras titulacións de posgrao ou curso de especialización superior a 300 h. no ámbito da infancia = 5 puntos
- Por cada 30 horas acreditadas en cursos de formación para actualización en temas de Atención Temperá nos últimos 5 anos = 1 punto
APLICACIÓN DO CRITERIO DE DISTRIBUCIÓN
Realizada a baremación, elaborarase unha primeira listaxe das/os candidatas/os admitidas/os por orde de puntuación e, seguindo a antedita orde, a continuación elaborarase unha segunda listaxe mediante a selección de 1 candidata/o por cada unidade/servizo co fin de que na listaxe final estean representados o maior número posible de servizos da RGAT.
Se quedaran prazas vacantes, estas distribuiranse seguindo o mesmo criterio entre as/os candidatas/os restantes ata ocupar o total de prazas ofertadas. Facilitando novamente o acceso ao maior nº de servizos.
PRAZOS
- PUBLICACIÓN DA CONVOCATORIA – 8 DE XUÑO DE 2020 – WEB DA AGAT
- PRAZO DE ADMISIÓN DE SOLICITUDES – 8 A 22 XUÑO DE 2020
- Formulario de solicitude
- Enviade formulario a formacion@atenciontemprana.com
- BAREMACIÓN E PRIMEIRA LISTAXE DE ADMITIDOS – 29 DE XUÑO
- PRESENTACIÓN RECLAMACIÓNS – 1 DE XULLO
- Formulario de reclamación
- Enviade reclamación a formacion@atenciontemprana.com
- RESOLUCIÓN DE RECLAMACIÓNS –6 DE XULLO
- SEGUNDA LISTAXE DE ADMITIDOS – 10 DE XULLO
A comprobación de requisitos, baremación, listaxes e resolucións será realizada pola comisión de formación da AGAT.