O pasado mércores 24, a Conselleira de Política Social, Fabiola Martínez García recibiu en audiencia á AGAT que, por enfermidade da Presidenta Teresa Busto, estivo representada polo vicepresidente Jaime Ponte.
AGAT informou á Consellería dos contidos do recente documento “La visión de los profesionales” publicado pola Federación Española de Asociaciones de Profesionales de la Atención Temprana. Así mesmo interesámonos polas perspectivas da recente Orde de convocatoria de subvencións para consolidar os actuais servizos de Rede Galega e crear outros novos. Así como polo futuro sistema de financiación da Rede unha vez que finalice a vixencia e utilización do FSE. AGAT amosou tamén a súa preocupación pola necesidade de incrementar o esforzo inversor das administracións públicas e regular a acreditación de servizos.
A Consellería e AGAT coincidimos tamén na importancia de apoiar a formación dos profesionais e dos equipos e de facilitar un modelo de “in-service training” na liña das recomendacións do documento sobre Atención Temperá da Axencia Europea
Con respecto ás UDIAF, Unidades de Atención Temperá do Deza, Salnés e Bergantiños, pola AGAT fíxemos entrega da Memoria de Actividades de 2018, significando o aumento da demanda e da demora asistencial e a conveniencia de actualizar o actual convenio. Pola AGAT cursouse tamén invitación á Conselleira de Política Social para presidir o acto conmemorativo que celebraremos no mes de setembro con motivo do 10 aniversario das Unidades.