Galicia

ATENCIÓN TEMPERÁ NOS ORZAMENTOS 2027

Santiago, 19 de outubro de 2026.- O conselleiro de Facenda e Administración Pública da Xunta, Miguel Corgos, entregou hoxe ao presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, o proxecto de lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para 2027.

O citado proxecto de lei recolle dentro dos orzamentos da Consellería de Política Social e Igualdade unha previsión duns 9 millóns de euros para os servizos comunitarios da Rede Galega de Atención Temperá

Por unha banda figura unha previsión de ata 7.689.047 € para  Servizos de Atención Temperá das corporacións locais, correlativos coa convocatoria de subvencións realizada este mesmo ano

Por outra existe unha previsión de 1.035.926 € para a financiación das UDIAF conveniadas coa Asociación Galega de Atención Temperá.

O calendario de tramitación remata o 16 de decembro do ano en curso.

Tags: Galicia

Outras entradas

EXCELENTE AVALIACIÓN DA 4ª EDICIÓN DO PROGRAMA INTRASERVIZOS
ATENCIÓN TEMPERÁ NAS ESCOLAS. CURSO NA EGAP