Noticias

ATENCIÓN TEMPERÁ NO HULA

O día 20 de maio XdL informaba de que unha vintena de familias da zona centro e sur da provincia, con nenos menores de 6 anos, se unían para denunciar servizos insuficientes no HULA para os cativos con diversidade e discapacidade. Esta semana o BNG anuncia que defenderá no Parlamento que se dote de persoal suficiente a Unidade de Atención Temperá do HULA.
A deputada no Parlamento de Galiza polo BNG, Olalla Rodil, asegura, despois de reunirse coas familias afectadas que “A falta de persoal e a infrautilización das instalacións están a obrigar ás familias a levar as súas fillas e fillos a clínicas privadas co correspondente sobrecuste económico que, en moitos casos, nin sequera poden afrontar”.
Así, desde o BNG sinalan que existe unha importante lista de espera en Logopedia e Terapia Ocupacional, dous servizos fundamentais da Unidade. “A logopeda titular está en xubilación parcial anticipada, traballa os 5 primeiros días laborables de cada mes e os demais días cúbrense cunha persoa substituta, unha soa persoa é insuficiente para atender as necesidades que hai xa que existe lista de agarda”. Segundo Olalla Rodil “igual acontece coa terapeuta ocupacional que ten unha listaxe de espera de 20 persoas porque tamén, só hai unha e atende só de mañás.  Esta situación está a obrigar a moitas familias a acudir á privada para poder proporcionar ás súas fillas e fillos a atención que necesitan pero aquelas nais e pais que non teñen recursos económicos suficientes “directamente están desesperadas”.

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, asegurou este mércores 29 de maio, no Parlamento que a unidade de rehabilitación infantil e atención temperá do Hospital Lucus Augusti (Hula) aumentou a súa actividade un 35% durante os primeiros catro meses deste ano, con respecto ao mesmo período do ano anterior.

Así o dixo no Pleno en resposta a unha pregunta formulada pola deputada do BNG Olalla Rodil, que trasladou as “carencias” nesta unidade, que trata a nenos “altamente dependentes” e con graves “problemas de desenvolvemento”. Entre as reclamacións dos pais, dixo Rodil, está o incremento no horario de atención, que actualmente “é só de mañá”, e “máis persoal”. 

En canto ás sesións realizadas, no mesmo período, Almuiña informou de que en 2018 foron 1.990 e de 2.232 en 2019, un incremento do 12% e cunha atención “de calidade”, garantiu. 

Na actualidade, a Unidade de rehabilitación atende a 116 nenos, dos que 22 realizan tratamento en dous ou máis unidades de atención temperá. Estes nenos reciben unha media dunha sesión semanal de tratamento de 45 minutos de duración en cada unidade de tratamento. 



Tags: Noticias

Outras entradas

NOVA XUNTA DIRECTIVA DA AGAT
FOLGA NOS CENTROS DE ATENCIÓN TEMPERÁ DA COMUNIDAD VALENCIANA