O programa, facilitado pola Dirección Xeral de Discapacidade e a Subdirección de Atención Primaria do Sergas, dará comezo este mes de outubro nas UDIAF do Deza, Salnés, Salnés Sur e Bergantiños e apunta a enriquecer a colaboración e os recursos dos profesionais implicados na detección e atención precoz da rede galega de Atención Temperá mediante a capacitación en estratexias de detección precoz de retraimiento infantil (Escala ADBB, Alarm Détresse Bébé. Guedeney, 2001) e a promoción dunha interacción sensible co bebé durante a práctica clínica, para ser implementadas en unidades da rede en forma coordinada e con avaliación de resultados.
A formación será impartida pola Dra. Nahir Bonifacino, Psicóloga Clínica e capacitadora acreditada na Escala ADBB