Estimados/as,
Queremos informarvos que tras considerar as directrices das Autoridades Sanitarias do Ministerio e das Comunidades Autónomas en relación coa prevención da infección por Coronavirus temos decidido seguir dichas indicacións, suspender e aprazar o curso “TRASTORNOS DO ESPECTRO AUTISTA. ATENCIÓN INTEGRAL E PROCEDEMENTOS DIAGNÓSTICOS” que estaba previsto para o vindeiro 14 de marzo en Santiago de Compostela.
A nova data para o curso é o 28 de Novembro, Sábado, en principio co mesmo programa, lugar, e horario. E conservando o dereito de asistencia á tódolos xa inscritos.
En caso de que por calquera circunstancia a nova data non vos permita atender ao curso ou sexa inconveniente para vos por calquera razón, non tendes mais que escribir á vogalía de Formación formacion@atenciontemprana.com solicitando a devolución da matrícula.
En breve recibiredes un correo con esta mesma información. Calquera dúbida, quedamos á vosa disposición
Esperamos desculpedes calquera molestia totalmente allea á nosa vontade
Un saúdo
A Xunta Directiva da AGAT