En relación co CURSO DE INTRODUCIÓN AS TÉCNICAS DE COLABORACIÓN COAS FAMILIAS que se celebrará o vindeiro 28 de outubro
Informamos da ampliación do prazo de matrícula ata o vindeiro 22 de outubro
Ata o día 22 de OUTUBRO de 2023 :
- Cota de inscrición socios/as AGAT: 75 €
- Cota especial: Inscrición + Asociación AGAT: 100 €
- Cota de inscrición de non-socios/as: 120 €
INSCRICIÓN
- Entrar en “Contacto” na páxina principal da web da AGAT: https://www.atenciontemprana.com
- Cubrir o formulario poñendo os vosos datos persoais, profesión e lugar de traballo
- No apartado “e-mail” poñede, por favor, o voso enderezo electrónico, para poder enviarvos notificacións.
- Na ringleira de “asunto” escribir “Inscrición Curso Técnicas Familias
- Finalmente premer (pinchar) no botón “Enviar”.
- Inmediatamente recibiredes unha mensaxe automática de saída da vosa solicitude.
- Posteriormente, un correo de “AGAT Formación” (formacion@atenciontemprana.com) confirmaravos a recepción da vosa solicitude e informaravos de que para formalizar a matrícula tedes que ingresar a cota correspondente na conta:
C/C da AGAT ES07 2080 0553 50 3040005038 ABANCA
- A admisión ao curso será efectiva cando recibades outro correo de “AGAT Formación” confirmando o ingreso da vosa cota de inscrición na conta da AGAT.