A Asociación Galega de Atención Temperá
Para as UDIAF da comarca do SALNÉS, servizos sociais comunitarios específicos de atención temperá, selecciona:
2 PROFESIONAIS PARA OS EQUIPOS INTERDISCIPLINARIOS
As UDIAF da comarca do Salnés forman parte da Rede Galega de Atención Temperá.
Están financiadas pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia mediante convenio.
O posto de traballo implica formar parte dun equipo interdisciplinario e realizar funcións de apoio a nenos/as de 0 a 6 anos e as súas familias.
Posibilidade de xornada de traballo completa (38,5h), e contrato indefinido tras período de proba
Ofrécese un marco idóneo para a formación continua e o progreso no exercicio profesional no seo dunhas unidades de alta cualificación e dilatada experiencia no sector.
Valóranse:
- a formación e experiencia previas en atención temperá e apoio ás familias así como no ámbito 0-6
- as aptitudes persoais e relacionais
- a capacidade de traballo en equipo.
- a experiencia no traballo grupal
Requisitos:
- Grao nalgunha das seguintes titulacións: pedagoxía, psicopedagoxía, psicoloxía, logopedia, educación social, traballo social, maxisterio, enfermaría, terapia ocupacional, fisioterapia ou medicina
Procedemento de selección: Méritos- Entrevista
Data límite para envío de CV: 10 DE FEBREIRO, inclusive
Interesadas/os dirixir o seu CV a: prazassalnes@atenciontemprana.com, indicando teléfono e correo de contacto