3-11-2022
A Asociación Galega de Atención Temperá (AGAT)
Para a UDIAF DEZA, servicio social comunitario específico de atención temperá radicado en Lalín, selecciona:
2 PROFESIONAIS PARA O EQUIPO INTERDISCIPLINARIO
A Unidade forma parte da Rede Galega de Atención Temperá.
Está financiada pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia
O posto de traballo implica formar parte dun equipo interdisciplinario e realizar funcións de apoio a nenos/as de 0 a 6 anos e as súas familias.
Posibilidade de xornada completa (38,5h) e contrato indefinido tras período de proba.
Ofrécese un marco idóneo para a formación continua e o progreso no exercicio profesional no seo dunha unidade de alta cualificación técnica e dilatada experiencia profesional
Valóranse:
A formación/experiencia en desenvolvemento infantil, apoio familiar e Atención Temperá
A experiencia no ámbito 0-6 e no traballo coa infancia e familias.
As aptitudes persoais e relacionais
A capacidade de traballo en equipo
Requisitos:
Titulación de grao en calquera das seguintes: pedagoxía, psicopedagoxía, psicoloxía, logopedia, educación social, traballo social, maxisterio, enfermaría, terapia ocupacional, fisioterapia, medicina
Procedemento de selección: Méritos- Entrevista
Data límite para envío de CV: 18 de novembro, inclusive
Interesadas/os dirixir o seu CV a: prazasdeza@atenciontemprana.com, indicando teléfono e correo de contacto.