EspañaNoticias

AGAT SAÚDA QUE A LEI DE PROTECCIÓN Á INFANCIA ESTABLEZA O DEREITO Á ATENCIÓN TEMPERÁ

O proxecto de Lei de Protección Integral da Infancia e a Adolescencia fronte á Violencia, aprobado polo Consello de Ministros e remitido ás Cortes, establece o dereito á atención temperá das nenas e nenos dende o nacemento ata os seis anos, establecendo o correspondente deber para as administracións.

Trátase dunha demanda sostida polas asociacións profesionais a través da súa Federación Estatal (GAT) dende hai moitos anos

Esta norma de r ango orgánico é vinculante para todos os territorios do Estado, e regulará a atención temperá ata os 6 anos como un dereito dos nenos e nenas.

O texto do proxecto dispón que (artigo 11, apartado 5) “as administracións sanitarias, educativas e os servizos sociais competentes garantizarán de forma universal e con carácter integral a atención temperá dende o nacemento ata os seis años de idade de todo neno ou nena con alteracións ou trastornos no desenvolvemento ou risco de padecelos no ámbito de cobertura da lei, así como o apoio ao desenvolvemento infantil”.

Un texto que recolle a definición realizada no Libro Blanco de Atención Temperá, de cuxa publicación cumprense agora exactamente 20 anos, e que será un motivo central do DÍA DA ATENCIÓN TEMPERÁ, o 16 de XUÑO

Deste xeito cabe esperar en breve prazo, a superación da situación desigual, asimétrica e discriminatoria que existe hoxe en función do territorio de residencia

Tags: España, Noticias

Outras entradas

BASES E INSCRICIÓNS PARA CURSOS NA ESCALA ADBB
16 DE XUÑO -DÍA DA ATENCIÓN TEMPERÁ