Estimadas/os socias e socios,
Co obxectivo de mellorar a transparencia, aumentar a visibilidade do traballo da asociación e promover unha maior participación, informámosvos de que, a partir de agora, recibiredes información regular sobre as accións que está a levar a cabo a AGAT, así como comunicación periódicas sobre os asuntos tratados nas reunións da Xunta Directiva.
En relación con isto, achegamos o resumo das actividades levadas a cabo durante o presente ano 2025 dende a Xunta Directiva.
Quedamos á disposición de todas as persoas socias, así como de calquera outra persoa interesada en algún tema concreto no que poidamos ser de utilidade ou ofrecer apoio.
Un cordial saúdo,
Xunta Directiva da AGAT





