GaliciaNoticias

AGAT RECLAMA SOLUCIÓNS Á SITUACIÓN LABORAL

AGAT RECLAMA SOLUCIÓNS FRENTE AS SITUACIÓNS DE DISCRIMINACIÓN ENTRE SERVIZOS E PROFESIONAIS QUE ESTÁNSE A DAR NA REDE GALEGA DE ATENCIÓN TEMPERÁ

A Xunta Directiva da AGAT, examinou na súa última reunión do 31 de xaneiro a situación laboral dos profesionais de Galicia á luz dos datos da enquisa e do informe sobre a antedita realidade  que  ven de realizar e publicar, e no que destaca as negativas consecuencias que está a producir a normativa actual  que permite dividir en categorías diferentes e con custos diferentes a  profesionais que realicen idénticas funcións.

Esta norma que ven aparecendo na convocatoria que rexe ás subvencións da Xunta de Galicia aos concellos, en tanto que entidades titulares dos servizos, está a crear situacións de grave discriminación laboral e asistencial na Rede galega de Atención Temperá.

A normativa, en síntese, permite que cada entidade titular decida arbitrariamente que grupo profesional, que contrato e que convenio son aplicables aos diferentes profesionais  que conforman os seus equipos e servizos e cuxas funcións, como dicimos, sen embargo son idénticas, tal e como define o Protocolo de Coordinación, Intervención e Derivación que regula os procedementos asistenciais na citada Rede.

Consecuencias:

  1. Fondo malestar e conflitos polas diferencias na remuneración de ata 500 euros entre profesionais con idénticas responsabilidades.
  2. Inestabilidade e cambios de ubicación frecuente en pos dos postos mellor retribuídos, inestabilidade e traslados absolutamente desaconsellados nunha actividade profesional que precisamente reclama estabilidade na relación dos profesionais coas familias, cos nenos e nenas e cos recursos da súa contorna.
  3. Desmoralización pola desvalorización da formación e a especialización profesional, requirida e non retribuída
  4. Abandono do sector e perdida do enorme esforzo invertido nunha actividade profesional moi complexa e que precisa unha gran especialización.
  5. Inseguridade na planificación e custos da rede

Polo antedito, a Asociación Galega de Atención Temperá ven reclamando e vai insistir ante a  Xunta de Galicia, a Federación galega de Municipios e Provincias e as organizacións sindicais para avanzar nunha regulación do sector que considera debe pasar polo establecemento dunha categoría laboral única e polo recoñecemento e adecuada retribución da especialización, experiencia e formación en desenvolvemento infantil e Atención Temperá.

Nos vindeiros días AGAT distribuirá o documento elaborado sobre a situación laboral a partir dunha enquisa na que colaboraron 117 dos 174 profesionais da Rede

INFORME : A REALIDADE LABORAL NOS SERVIZOS COMUNITARIOS DA REDE GALEGA DE ATENCIÓN TEMPERÁ – AGAT – Asociación Galega de Atención Temperá

Tags: Galicia, Noticias

Outras entradas

PUBLICADA A RESOLUCIÓN DAS AXUDAS DO 0,7% DO IRPF PARA 2026
OS SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS ESPECÍFICOS DA REDE GALEGA DE ATENCIÓN TEMPERÁ. UNHA RADIOGRAFÍA