Con motivo da convocatoria do DÍA DA ATENCIÓN TEMPERÁ, pola Federación Española de Asociacións de Profesionais da Atención Temperá, a Asociación Galega de Atención Temperá celebrará o Luns, 15 de Abril en Santiago un acto lúdico e reivindicativo de sensibilización sobre a importancia destes servizos.
No acto que comezará as 6 da tarde, na Praza do Toural, haberá diversas actividades entre as que destaca a lectura pola cantautora Guadi Galego do manifesto da Federación, incluíndo as reivindicacións máis importantes dos profesionais galegos. Estas concrétanse na necesidade de extender a REDE GALEGA DE ATENCIÓN TEMPERÁ, dende os actuais 92 concellos aos que chega a rede comunitaria ata os 315 de Galicia, de tal xeito que a rede alcance de forma equitativa a todas as crianzas e familias que a precisan. Un 10% da poboación infantil de 0 a 6 anos segundo estimacións recentes.
AGAT, reclama, para obter ese obxectivo, un plan de inversión que permita acadar os 10 millóns de euros en 2021, para poder contar con equipos completos e ben dimensionados . A inversión actual da Xunta de Galicia é de 2 millóns de euros. AGAT considera que a extensión da Rede de Atención Temperá debe ser un punto fundamental do Pacto Galego pola Infancia.
No acto previsto no Toural, haberá unha instalación artistica en grupo, un obradoiro familiar de xogos bailados e a actuación musical de Manoele de Felisa.