GaliciaNoticias

AGAT PRESENTA UN ESTUDO DE NECESIDADES DE ATENCIÓN TEMPERÁ

AGAT presentou está semana ante a Xunta de Galicia e Grupos Parlamentarios do Parlamento de Galicia un “ESTUDO DE NECESIDADES EN ATENCIÓN TEMPERÁ” no que pon de manifesto a enorme brecha asistencial que separa a Galicia do resto do Estado en dotación de recursos de proximidade.

Como é ben sabido, a Atención Temperá é unha prestación interdisciplinaria dirixida a facilitar o progreso evolutivo, a autonomía e a inclusión social dos nenos/as de 0 a 6 anos nos que o antedito progreso evolutivo está comprometido.  Por esta mesma razón os apoios da Atención Temperá deben prestarse nos “entornos naturais” de vida do neno, apoiando a estes nenos, ás súas familias ou educadores na implementación  dos cambios oportunos.

Sen embargo, en Galicia, en 1998 cometeuse o erro de convertir esta prestación comunitaria nunha prestación de rehabilitación centralizada no hospital. Como consecuencia, mentres en toda España, a partires da publicación do “Libro Blanco da Atención Temprana” (2000) se produce un enorme desenvolvemento dos Centros de Desenvolvemento Infantil e Atención Temperá (CDIAT), en Galicia a AT quedou minimizada, subsumida e confundida como unha prestación máis dos servizos de rehabilitación hospitalaria.

No estudo presentado pode comprobarse a pobreza do mapa actual de servizos comunitarios de Atención Temperá

Mapa comarcal

 

 

 

 

 

 

 

así como a importancia da brecha entre Galicia e o resto das Comunidades Autónomas

INVERSION-COMPARATIVA-CCAA

e que implica a necesidade de invertir 4.282. 277. € para alcanzar o promedio do resto do Estado, a creación de 35 novos equipos de Atención Temperá e 150 novos postos de traballo para os profesionais da Atención Temperá.

NECESIDADES

– REGULARIZAR E DIGNIFICAR OS ACTUAIS SERVIZOS COMUNITARIOS, COMPLETANDO AS SÚAS PLANTILLAS

– PLAN DE COMARCALIZACIÓN E CREACIÓN DE 35 NOVAS UNIDADES E 150 POSTOS DE TRABALLO DE ESPECIALISTAS EN ATENCIÓN TEMPERÁ

Enlace ao documento completo en

 

 

Tags: Galicia, Noticias

Outras entradas

AXENDA ATENCION TEMPERÁ 2015-2017
CONVENIO DE COLABORACIÓN XUNTA DE GALICIA – AGAT