AGAT ven de elaborar un documento de análise e propostas profesionais para mellorar a calidade da Rede Galega de Atención Temperá
As propostas en síntese plantean:
1 – Incrementar a inversión. Actualmente Galicia ocupa un dos últimos lugares de España na relación gasto en SATS /poboación infantil 0-6
2- Extender a rede a toda Galicia. Pasando do 30% ao 100% de cobertura territorial en servizos de proximidade
3 – Cambiar o sistema da planificación. Dimensionando os equipos en función da poboación diana.
4 – Dotar aos equipos de instalacións e medios dignos e adaptados as súas funcións
5- Utilizar criterios profesionais na conformación dos equipos
6 – Apoiar a estabilidade eliminando as subvencións anuais e concertando de forma plurianual os servizos sen outra guía que a calidade e sobre a base da directiva europea 24/2014
7 – Desenvolver unha Orde de Acreditación que garanta uns estándares de calidade na prestación dos servizos