Maia García, da AGAT, participou onte no acto institucional realizado en Santiago pola Xunta de Galicia con motivo do Día Internacional das Familias, unha data que se conmemora desde hai tres décadas e na que o Executivo galego quixo lembrar a importancia de todas as familias no desenvolvemento social e na protección da Infancia. No encontro, a conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, avanzou novidades, como a creación do primeiro rexistro galego de familias monoparentais e agradeceu o labor que desenvolven as entidades sociais que traballan cada día para dar visibilidade a esta realidade e por contar, unha vez máis, as súas experiencias neste encontro, no que tamén participaron: Carmen Dourado, de ACOUGO; Inma Alonso, de FAGAMOS; Luís Sánchez, de AGAFAN.
DIA DA ATENCIÓN TEMPERÁ 2026 – A HORA DO RECOÑECEMENTO PROFESIONAL
O vindeiro 16 de xuño, celebramos o DÍA DA ATENCIÓN TEMPERÁ. Un día para a unidade das familias e as profesionais. Para reclamar a…





