30 -08 -2022
A Asociación Galega de Atención Temperá (AGAT) precisa para a Unidade de Desenvolvemento Infantil e Apoio Familiar de Bergantiños, servicio social comunitario específico de atención temperá radicado en Carballo, un/unha PSICOMOTRICISTA
A Unidade forma parte da Rede Galega de Atención Temperá. Está financiada pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia mediante convenio.
O posto de traballo implica formar parte dun equipo interdisciplinario e realizar funcións como psicomotricista en apoio dos nenos de 0 a 6 anos e as súas familias.
Ofrécese xornada de traballo completa (38,5h) e contrato indefinido tras período de proba, flexibilidade horaria e apoio á formación continua. Ademais de valorarse a formación e experiencia previas en psicomotricidade, atención temperá e apoio a familias teranse en conta as aptitudes persoais e relacionales e a capacidade de traballo en equipo, esenciais neste traballo.
O posto de traballo ofrece un marco idóneo para o desenvolvemento e progreso do exercicio profesional no seo dunha unidade e unha asociación profesional cunha dilatada experiencia no sector
- Contratación indefinida con período de proba
- Xornada laboral a tempo completo (38,5 horas semana) e flexibilidade horaria
- Requisitos: Formación/esperiencia en Psicomotricidade, formación/experiencia en Desenvolvemento Infantil e Atención Temperá
- Outros méritos valorables: Experiencia no ámbito 0-6 e no traballo coa infancia e familias.
Procedemento de selección: Méritos- Entrevista
Data límite para envío de CV: 11 de setembro, inclusive
Interesadas/os dirixir o seu CV a: psmbergantinos@atenciontemprana.com, indicando teléfono e correo electrónico de contacto