PROGRAMA ACTIVIDADE ACUATICA EN ATENCION TEMPERA
recoñecido de interese sanitario
IMPORTANCIA:
Desde hai uns anos a actividade acuática introduciuse de forma masiva no ámbito educativo, da saúde e como non, no ámbito terapéutico infantil.
O coñecemento e actualización sobre as intervencións no medio acuático por parte dos profesionais de atención temperá é moi necesario, xa que nos permite ampliar os ámbitos de actuación e levar a cabo novas intervencións enfocadas a incrementar a participación das crianzas con alteracións no desenvolvemento nunha contorna máis lúdica e onde as familias van poder xogar un rol fundamental.
Os beneficios que nos achega este medio a nivel do desenvolvemento global é por todos coñecidos, xa que é unha intervención onde se contemplan varios compoñentes da CIF, aproveita os efectos e propiedades do medio acuático para o uso terapéutico mellorando aspectos como a aprendizaxe e control do movemento, o equilibrio, a coordinación, a práctica variada en contornas diferentes, a función manual, a forza muscular, a participación social, a diversión; pero sobre todo en atención temperá a implicación da familia na continuidade dos procesos de aprendizaxes funcionais (Practicas centradas na familia).
Aínda que, o enfoque da actividade acuática sempre dependerá do marco teórico e dos obxectivos expostos polas persoas que o leven a cabo, para nós desde a Atención Temperá, a actividade acuática é moito máis que un adestramento das alteracións motrices, é un medio facilitador de experiencias, promotor da participación do neno en actividades físicas e relacionais na contorna, de relación e comunicación entre os pais e as súas crianzas, entre pais e profesionais e entre profesionais e crianzas.
Se o marco teórico e técnico á hora de expor a actividade acuática ten en conta as características das crianzas e a súa familia e se adecúa ás súas circunstancias, respectando o tempo de adaptación, a actividade será ademais un potenciador da aprendizaxe para todos os participantes do proxecto.
Este curso deseñouse e está estruturado para ofrecer aos profesionais do ámbito da atención temperá e educación especial, (Fisioterapeutas pediátricos, terapeutas ocupacionais, logopedas, psicopedagogos, mestres de educación física, especial, infantil…), que queiran implementar as súas intervencións no medio acuático para potenciar a participación das crianzas dunha forma máis lúdica e divertida e onde a familia forme parte importante desta actividade.
O contido do curso está condicionado pola experiencia adquirida tras 30 anos de práctica clínica, de formación, actualización e especialización neste e noutros ámbitos relacionados coa atención temperá e a incorporación das prácticas baseadas na evidencia na rehabilitación pediátrica
OBXECTIVOS DO CURSO:
- Ofrecer unha ferramenta terapéutica que nos permita atender no medio acuático ás crianzas con alteracións no desenvolvemento.
- Ofrecer un modelo de intervención terapéutico que ten en conta as características individuais das crianzas e da súa contorna.
- Ofrecer unha base teórica que permita entender a utilización das condicións físicas da auga para o traballo terapéutico
- Ofrecer mediante a práctica vivenciada na piscina a comprensión dos conceptos teóricos traballados.
- Ofrecer recursos prácticos para o correcto manexo terapéutico e lúdico das crianzas e a súa familia na auga segundo os obxectivos buscados.
CONTIDOS DO CURSO:
- Visión global do desenvolvemento psicomotor do neno tanto no medio terrestre como no acuático. Características e condicións do lugar de traballo: en función do marco estrutural no que levemos a cabo a actividade teremos que poder adaptar a nosa intervención terapéutica: Centro de atención temperá, escola especial, piscina…
- Marco teórico nos que se fundamenta o noso modelo de intervención no medio acuático: A abordaxe de carácter interdisciplinar, a Clasificación internacional da función e a discapacidade ( CIF), as intervencións baseadas na evidencia en atención temperá, os conceptos da práctica psicomotriz de Bernard Aucouturier e o concepto Halliwick..
- Programación terapéutica no medio acuático individualizada A presentación de casos clínicos propostos pola docente mostrando os diferentes compoñentes: características funcionais, nivel de actividade, nivel de participación na súa vida diaria, características persoais e ambientais….
- Sesión practica entre os alumnos asistentes mediante a vivencia dos cambios posturales na auga, tipo de suxeicións, entradas e saídas da auga, traballo neuromuscular, equilibrio e desequilibrio, rotacións, desprazamentos, inmersións, respiración, etc
RELATORA:
Ascensión Martín Díez
Fisioterapeuta -psicomotricista do CDIAP Mollet. Con 30 anos de experiencia na práctica. Docente en varias Universidades Nacionais onde se imparte formación de posgrao e Master en temas relacionados coas prácticas baseadas na evidencia en Atención Temperá e fisioterapia pediatrica.; Actividade acuática Terapéutica en AT, Psicomotricidade Dinámica, Abordaxe Terapéutico da extremidade superior en pediatría en afectacións unilaterais: hemiparesia e PBO,etc.
LUGAR:
APAMP: R/ Pedra Seixa nº 33 (Venres e sábado), VIGO
ASPANAEX: R/ Maestros Goldar nº 18 (Domingo), VIGO
DATA:
Venres 29, sábado 30 de xuño e 1 de xullo de 2018
PROGRAMA
VENRES DIA 29 DE XUÑO 2018:
15.00-15.30: Introdución, Presentación dos alumnos.
15.30-17.30: Achegas do medio acuático ás actividades terapéuticas.
17.30-18.00 DESCANSO
18.00-20.00: Características físicas do medio:
- Propiedades físicas que nos proporciona a auga.
- Efectos da auga sobre o corpo humano
- A aplicación das leis físicas no traballo terapéutico.
- Manexo por parte do profesional: suxeicións e agarres
- Condicións do lugar de traballo.
- Precaucións e contraindicacións.
SÁBADO DÍA 30 de XUÑO 2018
9.00-11.30: Modelo de intervención ou metodoloxía de traballo.
- Marco referencial dos diferentes espazos terapéuticos: CDIAP , escola especial, centro privado, centro deportivo…..
- Metodoloxía de traballo.
- Carácter global da intervención.
- Abordaxe interdisciplinar.
- O xogo como fin e como recurso terapéutico
- A CIF
- Prácticas baseadas na evidencia en Atención temperá:
- Prácticas centradas na familia e o contorna
- Teoría dos sistemas dinámicos
- Teorías sobre a selección de grupos neuronais
- Buscar obxectivos funcionais
11.30-12.00: DESCANSO
12.00-14.00 :
- Planificación da actividade: Espazo e lugar, Deseño, Criterios, Programa de baño, Masaxe infantil, Traballo individual e en grupo.
15.00-17.30:
- Obxectivos xenerais e específicos segundo características individuais.
- Control da respiración.
17.30-18.00. DESCANSO
18.10- 20.00:
- Obxectivos xerais e específicos según as características individuais
- Algunhas ferramentas de valoración no medio acuático .
- PRESENTACIÓN DE CASOS CLÍNICOS onde se requira unha análise, valoración e planificación de obxectivos aplicables no medio acuático
DOMINGO 1 de XULLO do 2018:
9.00-11.00: PRÁCTICA VIVENCIADA EN PISCINA :
- Planificación dunha sesión: Materiais, cancións, contos, historias, xogos
- Entradas e saídas da auga.
- Suxeicións e agarres
11.00-11.30: DESCANSO
11.40-13.00: PRÁCTICA VIVENCIADA EN PISCINA:
- Traballo de equilibración en posición horizontal
- Traballo de rotación: vertical, lonxitudinal, lateral
- Traballo Neuromuscular
- Traballo de relaxación
- Traballo para aumentar o ton
- Traballo respiratorio
13:00-13:20 Cambio de roupa
13:20-14:00 Conclusións e clausura do curso
PRAZAS :
Limitadas – 22 Por rigorosa orde de matriculación
RECOÑECIDO DE INTERESE SANITARIO. Resolución XTCS Pontevedra 2-04-2018
COTAS:
Ata o día 11 de maio:
- Cota de inscrición socios/as AGAT e da SEFIP: 170 €
- Cota especial: Inscrición + Asociación AGAT: 190€
- Cota de inscrición de non-socios/as: 200 €
Ata o día 15 de xuño:
- Cota de inscrición socios/as AGAT e da SEFIP: 190€
- Cota especial: Inscrición + Asociación AGAT: 210€
- Cota de inscrición de non-socios/as: 220 €
INSCRICIÓN
- Entrar en “Contacto” na páxina principal da web da AGAT: http://www.atenciontemprana.com
- Cubrir o formulario poñendo os vosos datos personais, profesión e lugar de traballo
- No apartado “email” poñede, por favor, o voso enderezo electrónico, para poder enviarvos notificacións.
- Na ringleira de “asunto” escribir “Inscrición Curso “Actividade acuática terapéutica en Atención Temperá”
- E no apartado de Mensaxe especificade se sodes “Socios/Non socios”
- Finalmente premer (pinchar) no botón “Enviar”.
- Inmediatamente recibiredes unha mensaxe automática de saída da vosa solicitude.
- Posteriormente, un correo de “AGAT Formación” (formacion@atenciontemprana.com) vos confirmará da recepción da vosa solicitude e vos informará de que para formalizar a matrícula tedes que ingresar a cota correspondente na conta no prazo dunha semana (en caso contrario perderase a praza) :
C/C da AGAT 2080 0553 50 3040005038 ABANCA
- A admisión ao curso será efectiva cando recibades outro correo de “AGAT Formación” confirmando o ingreso da vosa cota de inscrición na conta da AGAT.
INFORMACIÓN COMPLEMENTARIA:
atenciontemprana@atenciontemprana.com
agat@atenciontemprana.com
Tfno. 698 124 611
http://www.atenciontemprana.com