31-01-2025
No día de hoxe, os Consellos Interterritoriais de Sanidade e de Servizos Sociales veñen de aprobar un documento pola MELLORA DA ATENCIÓN TEMPERÁ en todas as REDES AUTONOMICAS DE ESPAÑA, que sen lugar a dúbida consideramos un ACORDO HISTÓRICO.
Un acordo histórico pola amplitude do consenso acadado pola Administración Central e as Comunidades Autónomas coa participación e apoio técnico de entidades do sector , colexios e asociacións de profesionais e representativas dos usuarios. Pero tamén pola fondura dos temas abordados ao longo de 9 liñas estratéxicas:
- Línea 1 Planificación, estructuración, organización e financiación do conxunto da atención
temperá. - Línea 2 Mellorar a calidade das actuacións e servizos de atención temperá.
- Línea 3 Implementar sistemas eficaces de coordinación interadministrativa.
- Línea 4 Implementar procesos eficaces de colaboración e participación activa das familias.
- Línea 5 Promoción da prevención primaria
- Línea 6 Facilitar o acceso á atención temperá en condicions de igualdade e calidade para todos os
nenos e nenas - Línea 7 Garantizar a valoración e intervención integral
- Línea 8 Equipos profesionais e formación continua dos profesionais implicados na atención
temperá - Línea 9 Optimizar os sistemas de información e rexistro
Trátase de asegurar un SISTEMA PÚBLICO DE CALIDADE que permita facilitar o progreso de tódolos nenos e nenas na primeira infancia, e superar as situacións de adversidade que poidan atopar para o seu pleno desenvolvemento persoal. Un sistema gratuito e accesible que permita dispoñer de REDES AUTONÓMICAS con servizos integrais territorializados, próximos as familias e dotados con persoal estable e cualificado.
O acordo incorpora tamén unha dotación económica inicial de 42 millóns de euros que o Ministerio de Dereitos Sociais distribuirá entre as Comunidades Autónomas con cargo ao Fondo Social Europeo. Co obxectivo de avanzar cara a cobertura do 10% da poboación infantil que precisa apoios no seu desenvolvemento (Segundo datos da Federación Española de Asociacións de Profesionais – GAT actualmente a cobertura é do 5.38%)
Acordos significativos son os que establecen fórmulas de derivación inmediata das situaciósn que o precisen e, en todo caso, evitar demoras superiores aos 45 días entre a derivación e a intervención.
Despois de case tres anos de intenso traballo de colaboración, AGAT felicítase dos acordos acadados e tamén do establecemento dunha Comisión Técnica de seguimento que realizará unha avaliación bienal dos indicadores de avance do plan de mellora, que deberá estar completado por tódolas administracións en 2030, coincidindo coa finalización do Plan de Acción Estatal para a implementación da Garantía Infantil Europea dirixida ao soporte da infancia en situacións vulnerables.
Con este acordo a ESPECIALIZACIÓN EN ATENCIÓN TEMPERÁ acada un novo impulso que debe trasladarse tamén ás condicións de exercicio profesional, recoñecendo a súa complexidade e alta cualificación.
Participantes da sociedade civil
- Federación Española de Asociaciones de Profesionales de Atención Temprana (GAT)
- Plataforma por la Atención Temprana y los Derechos de la Infancia con Diversidad Funcional (PATDI)
- Comité Español de Representantes de Personas con Discapacidad (CERMI)
- Asociación Española de Intervención en la Primera Infancia (AEIPI)
- Plataforma de Infancia
- Consejo General de Colegios de Logopedas
- Consejo General de Colegios de Terapeutas Ocupacionales
- Asociación Española de Pediatras Atención Primaria
- Consejo General de Colegios de Fisioterapeutas de España
- Sociedad Española de Rehabilitación y Medicina Física (SERMEF)
- Sociedad Española de Rehabilitación Infantil (SERI)
- SERI – Andalucía
- SERI – Galicia
- Centro de Normalización Lingüística de la Lengua de Signos Española (CNLSE)
- Centro Español sobre el Trastorno del Espectro del Autismo
- Confederación Autismo España
- Confederación Plena Inclusión España
No vindeiro XV Congreso este acordo será un tema esencial