De hoxe ata o día 23 de Decembro abre o prazo de inscrición para o curso “O NENO EN ATENCIÓN TEMPERÁ. ABORDAXE DENDE A GLOBALIDADE”
CURSO B: O NENO/A EN ATENCIÓN TEMPERÁ. ABORDAXE DENDE A GLOBALIDADE
• Organiza: Consellería de Política Social e AGAT
• Presencial: CEGADI, Rúa Xosé Chao Rego, S/N, 15705 Santiago de Compostela
• Dirixido aos profesionais das unidades de atención temperá
• Acceso: mediante correo de inscrición dirixido á Consellería de Política Social autonomiapersoal.sxps@xunta.gal
Inscrición: do 13 ao 23 de decembro
Edicións:
Dúas edicións, 20 horas edición (18 asistentes en cada edición)
• 1ª edición – 17/18/19 xaneiro. 20 horas.
• 2ª edición – 14/15/16 febreiro. 20 horas
Dirección:
Milagros Lorenzo, Psicóloga clínica, psicomotricista. Centro Medrando Xuntos
Programa:
• Etapa 0/3 anos – Período preverbal
• Etapa de 3/6 ANOS – As bases da personalidade e a identidade
OBXECTIVOS
Afondar sobre a intervención en AT dende a GLOBALIDADE: contemplando o neno/a dende a interdependencia dos ámbitos motor – cognitivo e emocional e os momentos mais significativos do avance madurativo
Comprender o PRACER como elemento esencial e chave de tódalas aprendizaxes. Necesidade de restáuralo cando non aparece. Mellorar as habilidades de observación e identificar items corporais significativos.
Entender ao NENO como PROTAGONISTA do proceso madurativo. O rol do profesional. Acercarse á intervención dende a psicomotricidade vivenciada relacional
TEMAS
A construción do neno e a figura maternante – protagonismo da familia, O corpo como punto de partida do proceso madurativo, O corpo e os recursos corporais, O proceso de separación, Os espazos e materiais, A proximidade – distancia, Os rituais e repeticións, O xogo
Da impulsividade e axitación – ó control e organización, Da experimentación a planificación.
Da necesidade de medirse co outro á adquisición dunha identidade segura. Do egocentrismo e inmediatez á capacidade de espera e tolerancia á frustración. Da comunicación e expresión pola vía corporal á expresividade a través da comunicación verbal.Da unidade corporal á adquisición da imaxe corporal e integración do esquema corporal. Da dispersión á permanencia na acción.
RECURSOS A APORTAR NAS SESIÓNS
Unha mantiña lixeira, un coxín e roupa cómoda
PROGRAMA COMPLETO E BIBLIOGRAFIA COA RESOLUCIÓN DE INSCRICIÓN