GaliciaNoticias

A XUNTA APROBA A NOVA CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS AOS CONCELLOS PARA ATENCIÓN TEMPERÁ

29 -12-2021 INFORMACIÓN DA XUNTA

O Goberno galego duplica no ano 2022 o orzamento destinado a este servizo ata os
6,2 millóns de euros, o que permitirá a apertura de novos centros e consolidar as x a
existentes


— Subvencionará o mantemento de ata 50 unidades por toda Galicia e incrementará
nun 5% os fondos destinados a cada unha
, así como o financiamento do 100% das
horas ofertadas

— Nestes momentos o Goberno galego achega fondos para as tres unidades
xestionadas pola Asociación Galega de Atención Temperá (AGAT) e as 33 de xestión
municipal


O Consello da Xunta aprobou unha nova convocatoria de axudas para que os concellos
ou agrupacións de concellos poñan en marcha unidades de atención temperá. O Goberno
galego duplicará no ano 2022 o orzamento destinado a este servizo ata chegar aos 6,2
millóns de euros. Isto permitirá a consolidación das 36 unidades xa existentes, e a
creación doutras novas ata chegar a un total de 50
. Ademais, buscarase mellorar o seu
funcionamento e a calidade do servizo.


En concreto, esta nova orde incrementará nun 5% os fondos que a Xunta destina a cada
unha destas unidades, para sufragar cust os de mantemento do local
, de luz ou de
material e pasará de financiar o 90% das horas de atención que se ofertan a facelo no
100%.
Na actualidade, ademais das unidades de titularidade municipal, Galicia dispón de
recursos de atención temperá nos hospitais públicos e tres unidades nas comarcas do
Deza, Salnés e Bergantiños, xestionadas pola Asociación Galega de Atención Temperá
(AGAT).

Tags: Galicia, Noticias

Outras entradas

O PARLAMENTO PIDE REFORZAR A REDE GALEGA DE ATENCIÓN TEMPERÁ
ACTUALIZACIÓN EN DIFICULTADES DE ALIMENTACIÓN COA UNIDADE INTERDISCIPLINARIA DO HOSPITAL NIÑO JESÚS