Noticias

A UDIAF DE BERGANTIÑOS ATENDEU NO ANO 2019 A 142 FAMILIAS

Segundo consta na memoria de actividades, no ano 2019 foron atendidas 142 familias, realizáronse 2.408 prestacións de apoio personalizado e 505 actuacións de coordinación con outros profesionais e recursos.

DEBIDO AO INCREMENTO DA DEMANDA A DEMORA ASISTENCIAL AUMENTOU ATA OS 90 DÍAS DE PROMEDIO

A UDIAF Bergantiños forma parte, xunto coas UDIAF do Salnés e do Deza, dun proxecto dirixido pola Asociación Galega de Atención Temperá e subvencionado integramente pola Consellería de Política Social. A Unidade de Bergantiños abriu as súas portas a finais de 2014.

No que se refire ao ámbito do Bergantiños, segundo os resultados correspondentes ao ano 2019 a maior parte das familias atendidas (57%) eran residentes no Concello de Carballo, un 16% en Laracha, 10% en Ponteceso, 7% en Malpica, 4% en Laxe, e 3% en Cabana e Coristanco; cifras normalmente correlativas á poboación dos distintos concellos.

ELEVADA VALORACIÓN DAS FAMILIAS

Nas enquisas anónimas cubertas polas familias, o nivel de satisfacción co servizo mantense nun nivel moi elevado, cunha valoración de 4,84 sobre un máximo de 5. Ditos resultados poñen de manifesto a importancia asistencial do servicio e a confianza que depositan as familias na intervención que se realiza.

A UDIAF É UN SERVIZO PÚBLICO E GRATUITO PARA AS FAMILIAS DA COMARCA DE BERGANTIÑOS

AGAT vén de solicitar un incremento do convenio co obxecto de aumentar o nº de profesionais, e cubrir  satisfactoriamente o incremento da demanda, evitando a demora na intervención.

Na actualidade a unidade está conformada por un equipo interdisciplinario con participación de 1 psicóloga, 1 psicomotricista, 1 logopeda e 1 administrativo. Está financiado pola Consellería de Política Social.

Tags: Noticias

Outras entradas

PECHE TEMPORAL DO SAT DE A ESTRADA
NOVA CONVOCATORIA SATS PARA CONCELLOS