GaliciaNoticias

A REDE DE SERVIZOS COMUNITARIOS DE ATENCIÓN TEMPERÁ ESTÁ ACTIVA E APOIANDO ÁS FAMILIAS

Convocada pola Asociación Galega de Atención Temperá, onte tivo lugar a segunda reunión de Servizos Comunitarios Específicos da Rede Galega de Atención Temperá, celebrada por videoconferencia.

Participaron a maioría dos Servizos de Atención Temperá (SATS) e as Unidades de Desenvolvemento Infantile e Apoio Familiar (UDIAFS) que xestiona AGAT.

Actualmente todos os servizos da rede están prestando servizo mediante a fórmula de teletraballo, manifestando todolos participantes unha excelente acollida por parte das familias

Cara ao inmediato futuro acordouse constituir unha comisión técnica que elabore as estratexias mais convenientes para realizar de forma odenada, segura e flexible o proceso de reincorporación as actividades presenciais

O traballo estará enfocado a establecer un conxunto de mínimos ou procedementos básicos na Rede, de tal xeito que se garanta a personalización da asistencia aos nenos e familias e, ao tempo, a adecuación as diferentes realidades locais, de instalacións e infraestruturas.

O vindeiro 5 de Maio celebrarase unha nova reunión para aprobar as anteditas bases.

Tags: Galicia, Noticias

Outras entradas

AS EMOCIÓNS DE NAVIA
GUÍA PARA PREPARAR A SAÍDA CON NENOS