GaliciaNoticias

A POIG INICIA A SEMANA POLOS DEREITOS DA INFANCIA

A PLATAFORMA DE INFANCIA DE GALICIA INICIA A SEMANA POLOS DEREITOS DA INFANCIA

(Santiago de Compostela – 15 de Novembro 2021). A Plataforma de Infancia de Galicia (POIG) comeza a semana onde os nenos e nenas son os protagonistas. Con motivo da Conmemoración do Día Universal dos Dereitos da Infancia o 20 de Novembro, a plataforma galega prevé tres actos con diferentes institución galegas.

O día comezará ás 10:00 hs. na Valedora do Pobo coa presentación do Informe sobre a Situación da Infancia en Galicia coas intervencións de María Dolores Fernández Galiño, Valedora do Pobo e Xesús María Vilas Otero, Presidente da plataforma.

Tamén aportarán a súa experiencia os seguintes especialistas en violencia infantil, nos nenos e nenas vítimas de abuso sexual e acoso.

  • Javier Rey Ozores, Fiscal Xefe de la Audiencia Provincial de A Coruña (intervención on-line)
  • Elena Rodríguez, Psicóloga especialista en violencia infantil (intervención on-line)

Ás 12:30 hs. a xornada continuará coa entrega do informe ao presidente do Parlamento de Galicia no Parlamento.

Ás 17:30 hs. e para rematar o día, a plataforma realizará un acto en conxunto á Consellería de Política Social na Xunta de Galicia, na que se levará a cabo a constitución do Grupo de Participación Infantil e Adolescente da plataforma. Mais de 30 nenos e nenas procedentes das súas 35 entidades acudirán ao acto e realizarán a lectura dun Manifesto en prol dos seus dereitos.

No mesmo acto terá lugar a proxección dun vídeo resumo das conclusións aportadas polos grupos galegos ao proceso participativo polos dereitos da infancia e adolescencia, realizado pola Plataforma da Infancia este 2021.

Ademais destes actos na capital galega terán lugar outros descentralizados, o día 19 en Vilardevós, Lugo e Mondoñedo, e o día 20 en Ourense.

Ligazón á nova: https://infanciagalicia.org/comeza-a-semana-da-infancia-na-poig/

#ANosaVozOsNososDereitos #20N #infanciagalicia

Tags: Galicia, Noticias

Outras entradas

NOVO CONVENIO COLECTIVO NA REDE CATALANA DE ATENCIÓN PRECOZ
FINALIZA O CURSO SOBRE PARENTALIDADE POSITIVA E ATENCIÓN TEMPERÁ