Galicia

A PLATAFORMA DE INFANCIA URXE MELLORAS NO SISTEMA DE PROTECCIÓN

  • Desde a plataforma reclaman un aumento dos equipos técnicos do menor; incrementar os recursos dos programas de preservación familiar e de acollemento en familia, así como os dos centros residenciais, e unha avaliación completa do sistema para detectar puntos críticos.
  • Segundo os últimos datos da consellería de Política Social e Xuventude, na súa “Estatística de protección de menores 2022”, 1.784 nenos, nenas e adolescentes en Galicia están en situación de tutela pola Xunta, mentres que a administración asume a garda en 488 casos.
  • Do total de nenos, nenas e adolescentes no sistema de protección, 778 viven en centros de acollemento, mentres que os datos cifran en 1.236 os que están en acollemento familiar, dos/as cales menos do 25% supoñen acollementos en familia allea.

A Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia reclama:

  • Incrementar o persoal dos equipos técnicos do menor da Xunta de tal maneira que a ratio sexa de 1 técnico/a por cada 30 nenos/as atendidos/as, mellorando as condicións laborais destes equipos con medidas que eviten a rotación do persoal.
  • Ampliar o financiamento das entidades que xestionan centros de protección de forma que conten cos recursos suficientes para proporcionar a mellor atención posible aos nenos, nenas e adolescentes, de forma que permita a actualización dos salarios e a elevación da ratio de atención a mínimo 2 educadores/as por cada 8 nenos/as.
  • Aumentar os recursos dos programas de preservación familiar que eviten a entrada no sistema de protección, sempre que sexa o máis aconsellable para o neno ou nena, e de acollemento familiar, para un incremento de acollementos familiares en familia allea.
  • Promover a avaliación do sistema de protección na súa totalidade, onde se visualicen os puntos máis críticos e se propoñan cambios eficientes e eficaces para que se cumpra a lei e mellore o benestar dos nenos, nenas e adolescentes máis vulnerables.

 

Tags: Galicia

Outras entradas

AGAT CONVOCA O CURSO “PRIMEIRA ALIANZA: PROGRAMA PARA O FORTALECEMENTO DOS VÍNCULOS TEMPERÁS”
FORMACIÓN EN PRIMEIRA ALIANZA