Noticias

A MANCOMUNIDADE DE FERROL APROBA ORZAMENTO PARA ATENCIÓN TEMPERÁ

Ferrol, 10 de decembro.- O pleno da Mancomunidade correspodente ao mes de decembro, reunido esta tarde na Sala de Alcaldes do pazo Municipal de Ferrol, abordou a aprobación inicial do documento económico para 2019, que reflicte un incremento do 12% con respecto ao presente ano.
Os cambios con respecto a conta do 2018 teñen relación cos proxectos que se completan coas achegas doutras administracións. Pola propia formulación destas axudas, cómpre iniciar o gasto con anterioridade á concesión dos importes, caso no que se atopa o servizo de atención temperá (89.754,00 €) 
A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol está composta polos concellos de AresCabanasCedeiraFeneFerrol, MugardosNarónNeda e Valdoviño.

Cunha poboación que roza os 160.000 habitantes, a Mancomunidade forma unha área supramunicipal densamente conectada dende o punto de vista histórico, social e económico.

A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol constituíuse en xuño de 1971 cos municipios de Ares, Fene, Ferrol, Mugardos, Narón e Neda aos que se incorporou o concello de Valdoviño en 1977, o de Cedeira en 2010, e finalmente o de Cabanas en 2012. Deste xeito desenvolveuse unha entidade supramunicipal que actúa como espazo de coordinación entre os representantes e técnicos municipais, e ao que progresivamente se incorporan funcións e servizos de acordo cunha perspectiva de coherencia territorial, calidade e optimización de recursos.

A Mancomunidade ten unha poboación infantil 0-6 superior aos 6000 nenos e nenas

Tags: Noticias

Outras entradas

SANTA COMBA – MAIS HORAS DE ATENCIÓN TEMPERÁ
REUNIÓN AGAT – SERVIZOS COMUNITARIOS DA REDE GALEGA